
Un ano máis o Concello de Lugo, coa colaboración da Vicerreitoría de Cultura da USC, a Escola Arte e Lecer de Fingoi e Palimoco teatro, organiza a Mostra de Teatro Cidade de Lugo que chega xa á súa sétima edición.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o escritor, académico e profesor, Xesús Alonso Montero, presentaron no Concello a reedición facsimilar Antonio Machado a nosa voz, que viu a luz por primeira vez no ano 1966.
López Orozco destacou a figura de Alonso Montero “pai deste libro” e lembrou o Lugo dos anos 60 cando o Círculo das Artes poñía en circulación este título.
En 1966, en plena longa noite de pedra, publicouse en Lugo, patrocinado polo Círculo das Artes, un libro singular.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, presentaron un novo autobús urbano adaptado con rampa para persoas con discapacidade.
Debido ás previsións meteorolóxicas a Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, decidiu aprazar a apertura do mercado romano de mulleres artesás prevista dende mañá venres 6 de marzo ata o domingo 8 de marzo na Praza Maior e que se inclúe no programa do Concello de Lugo para conmemorar o Día Internacional das Mulleres. As novas datas para a celebración deste mercado serán do xoves 19 de marzo ao sábado 21.
O resto das actividades programadas continúan sen cambios, comezando mañá venres, coa entrega dos premios Entre Mulleres.

A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, presentou o programa elaborado polo seu departamento para conmemorar o Día Internacional das Mulleres, un programa de actos que se alongará ata o luns 16 de marzo.
Trátase, como explicou, de actividades feitas por mulleres pero dirixidas a todo o público “para reivindicar a igualdade entre homes e mulleres, que é a finalidade destas actuacións”.

ESCRITA E DIRECCIÓN
A escrita desta obra pasou por diversas fases de creación. O tema
estaba claro dende o principio: tratar a morte dende a vida. A
Morte, un tabú moitas veces, pero tan presente na vida...
A escritora trata de transmitir a crenza de que a xente que xa non
está permanece viva namentres nós a lembremos. Esta xente está
aí, tal vez, como Clementina, velando por nós.
Nun primeiro momento, a autora creou unha serie de debuxos
que narraban un conto.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, recibiron aos deportistas lucenses que participaron nos Xogos Mundiais de Special Olimpics celebrados no en IDAHO, en Estados Unidos.
Os seis deportistas de Aspnais conseguiron un total de dez medallas: cinco de ouro, dúas de prata e tres de bronce en modalidade de esquí alpino e raquetas.
O Alcalde resaltou a importancia de promover la práctica deportiva entre as persoas con discapacidade intelectual, xa que como todos e todas poden disfrutar e aproveitar as diferentes modalidades d
O Servizo de Prevención de Drogodependencias, integrado na Área de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, organiza o terceiro curso de vixiante de seguridade, e o II Curso de Especialista en Explosivos e Escolta Privado que se impartirá a cargo do Grupo Cetssa.
Estos cursos están subvencionados polo Plan Nacional de Drogas e o Concello de Lugo, o que fixo que quedase reducido os prezos dos cursos, pagándose 300 euros polo de vixiante e 100 euros polo de experto en explosivos.
O prazo de inscrición para participar nestes cursos, para o que hai un número limitado d
O Boletín Oficial da provincia de Lugo publicou hoxe, luns 2 de marzo, a apertura do procedemento de adxudicación de catro obras incluídas entre os 79 proxectos do Concello de Lugo do Fondo Estatal de Investimentos Locais do Goberno para o ano 2009.
Entre estas obras inclúese a execución dun novo ximnasio nas instalacións deportivas de Frigsa. O novo ximnasio que vai construir o Concello de Lugo terá aproximadamente 300 metros cadrados edificados, e ubicarase anexo ás pistas de tenis de Frigsa.
A exposición ‘Vermellas’, que rende homenaxe ás mulleres que sufriron represalias en Galicia a raíz da Guerra Civil, inaugúrase este venres no Campus de Lugo enmarcada no Convenio Lugo Cultural.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1603
- 1604
- 1605
- 1606
- 1607
- 1608
- 1609
- 1610
- 1611
- …
- seguinte ›
- última »