A Fundación CEL entregoulle esta noite os seus XI Premios Anuais á Iniciativa, á Actividade e á Promoción empresariais a nove empresas e proxectos de empresa da provincia de Lugo, nunha cerimonia que tivo como escenario o Club de Campo Las Bridas.
Mañá mércores, día 1 de xullo, comeza en Lugo de xeito oficial, a segunda tempada de rebaixas do ano.
As rebaixas teñen a consideración de actividades de promoción de vendas e por tanto están reguladas por lei, concretamente na 7/1996, do 15 de xaneiro, de Ordeación do Comercio Minorista.

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e o presidente do Club de Montaña Mustallar, Juan Tei, presentaron unha nova expedición que levarán a cabo sete deportistas lucenses, cinco homes e dúas mulleres.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e outros membros da Corporación Municipal, recibiron esta tarde na Casa do Concello aos xogadores e técnicos da selección española de baloncesto sub-20 que estivo concentrada estes días na cidade.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Presidente da Deputación Provincial, José Ramón Gómez Besteiro, membros da Corporación Municipal, representantes do Club Emevé e outras autoridades, descubriron esta mañá na Casa do Deporte do Concello de Lugo unha placa na honra das xogadoras do Emevé falecidas nun tráxico accidente de tráfico o pasado mes de maio. Neste acto tamén estiveron presentes familiares e amigos das rapazas.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, fixeron balance da última edición do Arde Lucus que se celebrou dende o venres ata a noite do domingo na cidade e que reuniu a máis de 460.000 persoas. López Orozco salientou a consolidación da festa que ano tras ano aumenta a afluencia de público. Lucenses e visitantes desfrutaron desta festa que ten xa un gran recoñecemento como se demostrou coa cobertura do evento que realizaron os medios de ámbito nacional.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e outros membros da Corporación Municipal recibiron esta mañá na Casa do Concello ao Ministro de planificación e Desenvolvemento de Costa Rica, Roberto Gallardo Núñez, que está a visitar Galicia.
Ambos os dous mandatarios manifestaron o seu interese por establecer lazos culturais e comerciais entre Lugo e o país caribeño para dar a coñecer que pode ofrecer cada un dos territorios.
O Concello de Lugo organiza, un ano máis dende o Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias o novo ciclo de Videoforum Infantil no que se utiliza o recurso da imaxe como ferramenta pedagóxica.
Dende fai catro anos comprobouse que a través do cine vivencianse emocións e situacións; propician poñerse no lugar do outro e sentir como éste o pode estar pasando, en definitiva incentiva a comprensión do outro desenvolvendo a empatía.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Presidente da Deputación Provincial, José Ramón Gómez Besteiro, membros da Corporación Municipal, representantes do Club Emevé e outras autoridades, descubrirán o vindeiro domingo, 28 de xuño, na Casa do Deporte do Concello de Lugo unha placa na honra das xogadoras do Emevé falecidas nun tráxico accidente de tráfico o pasado mes de maio. Neste acto tamén estarán presentes familiares e amigos das rapazas.

O acto de entrega desta distinción celebrouse hoxe no Ministerio de Sanidade e Política Social en Madrid
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recoñeceu esta mañá “o traballo silencioso dos homes e mulleres de toda España que colaboran na loita contra as drogas”.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1585
- 1586
- 1587
- 1588
- 1589
- 1590
- 1591
- 1592
- 1593
- …
- seguinte ›
- última »