
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, visitou esta tarde o Parque de Paxariños acompañado pola Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez e o Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro. O parque, no que o Concello realizou un investimento de 1,5 millóns de euros, estará aberto ao público a partir de mañá venres 17 de xullo.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo aprobou esta mañá a apertura do procedemento de adxudicación do contrato de 25 prazas para a atención de persoas maiores dependentes. A Concelleira de Economía e Emprego explicou que o servizo contará cun orzamento de 213.600 euros, o que supón un total de 712 euros mensuais por praza, “unha cantidade que destinamos a gasto social para un servizo moi demandado polas persoas maiores e que está ter resultados moi satisfactorios”.

* Explica que o leit motiv que rexe a acción de Goberno do Concello establece que “independentemente do barrio onde se viva haxa igualdade de dereitos”

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu na Casa do Concello a un grupo de 10 cativos e cativas saharauís e as familias de acollida lucenses coas que pasarán os meses de verán.
Esta recepción encádrase dentro do convenio de colaboración entre o Concello e a ONG “Solidariedade Galega co Pobo Saharauí” para o proxecto “Vacacións en Paz”.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, reiterou esta mañá a solidariedade e apoio do Concello de Lugo ao sector agrario, como fixera en anteriores ocasións, que segue a ser un eixo de vital importancia na economía galega.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social, Carmen Basadre, xantaron este mediodía cos 20 usuarios do Centro de Día inaugurado a pasada semana, Antonio Gandoy. Os veciños e veciñas que acuden ao centro trasladaron a súa satisfacción polo servizo e atención que reciben.
O centro, integrado nas dependencias do Centro de Convivencia Maruja Mallo, presta servizo a 20 persoas maiores en situación de dependencia .

* López Orozco destaca que constitúe unha aposta por un turismo cultural de calidade que reflicta a nosa identidade como pobo e todas as nosas potencialidades

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Grandío, visitaron esta mañá o campo de béisbol municipal, unha instalación deportiva situada no Ceao que contou cun investimento de 354.000 euros.
No investimento para a construción desta nova instalación inclúese a urbanización que da acceso ao campo de béisbol e de fútbol, o alumeado, os vestiarios e a instalación de céspede artificial na parte central do campo.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Medio Ambiente e Zona Rural, Lino González Dopeso, visitaron esta mañá a reforma da Praza das Illas no barrio de Montirón.
López Orozco indicou que “o obxectivo do Goberno Local é o disfrute de todos os veciños e veciñas de Lugo, por iso adecuouse este espazo no que descansar e no que xogar, co que se pretende reforzar a convivencia na rúa, o intercambio, a vida no espazo exterior e urbano”.
* A crise aumentou o número de demandantes polo que o Concello decidiu aumentar a contía destinada a aqueles que máis o necesitan
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1579
- 1580
- 1581
- 1582
- 1583
- 1584
- 1585
- 1586
- 1587
- …
- seguinte ›
- última »