O Alcalde de Lugo convocou esta mañá unha reunión co Concelleiro de Infraestruturas e os técnicos do Concello e do departamento que dirixe José Piñeiro na que se decidiu reparar por vía de urxencia a rede de auga da Rúa Mestre Soutullo, afectada de diversa consideración nos últimos días.
Hoxe comezan a funcionar os dous radares sitos á altura do número 68 e do 156 da Ronda da Muralla. O obxectivo do Concello de Lugo é o de concienciar á cidadanía para que cumpran as normas e ter así unha cidade máis segura.
A velocidade máxima permitida nos puntos controlados será de 61 qm/hora para unha vía limitada a 50. As sancións irán desde os 100 aos 520 euros:

*Os centros presentan unha ampla oferta de actividades sanitarias, culturais e de ocio e formativas
*A Concellería de Medio Ambiente ten realizado na zona rural neste semestre un investimento de preto de 1,7 millóns de euros
*Lino González referiuse a actuacións en lavadorios, fontes e pontes, asfaltados, proxectos de obras, arranxos en escolas, alumeado ou desbroces

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Xefe Provincial de Tráfico, Gonzalo León, o Xefe do Parque Infantil de Tráfico, José Reigosa, e outros membros da Corporación Municipal participaron hoxe na clausura e entrega de diplomas dos cursos de verán da XII edición Educación Vial que se desenvolveron entre o 29 de xuño e o 24 de xullo.

O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, anunciou esta mañá a posta en funcionamento de dous radares na Ronda da Muralla, no número 68 e no 156 a partir do próximo luns. Tal e como explicou, os dispositivos “teñen como o obxectivo concienciar á cidadanía para que cumpran as normas e ter así unha cidade máis segura”.
A Xunta de Compras do Concello de Lugo aprobou esta mañá o investimento de 39.956 euros, subvencionado polo ministerio de Administracións Públicas, para a realización de melloras na nave de asociacións municipal.
Entre as actuacións proxectadas atópase a creación e adecuación dunha sala multiusos que estea a disposición dos usuarios, mellorar a instalación eléctrica da nave e o pintado dos locais.
Os membros do Padroado Fundación Rof Codina, que celebrou este venres 24 a súa vixésimo oitava xuntanza, destacaron a actividade do Hospital Veterinario Universitario, que mantivo a súa actividade con respecto a anos anteriores e atendeu no que vai de ano preto de 4.000 casos de animais de distintas especies. Tamén se deu conta do incremento do número de estudantes que solicitan prazas para formarse no Hospital da USC, tanto nacionais como estranxeiros.
O Alcalde de Lugo valora a intención do reitor da USC, Senén Barro, de acadar “unha oferta máis ampla e atractiva nos graos e másters universitarios”. López Orozco segue mantendo a confianza no traballo do reitor ao que, nos pasados días, enviou unha misiva para instalo a que Lugo non vise afectada a súa oferta universitaria formativa por mor do Plan Bolonia.
Segundo o Índice de Transparencia de los Ayuntamientos (ITA) 2009 elaborado pola organización Transparencia Internacional de España o Concello de Lugo ten unha puntuación de notable acadando o posto 17 dun total de 110 municipios.
A capital lucense obtivo unha puntuación de transparencia de 87´5, moi por enriba da media que se sitúa en 64 puntos. Lugo é, unto con Santiago de Compostela, o concello máis transparente de galicia.

* Preto de 40 establecementos teñen solicitado subvencións para acollerse ao Plan Urban
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o presidente da Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos do Centro Comercial Aberto de Lugo, José Sánchez Bergantiños, asinaron esta mañá un convenio de colaboración mediante o cal o Concello concede unha subvención á asociación de 15.000 euros para realizar actividades de animación, promoción, desenvolveme
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1576
- 1577
- 1578
- 1579
- 1580
- 1581
- 1582
- 1583
- 1584
- …
- seguinte ›
- última »