
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, destacou esta mañá o papel dos sindicatos “na defensa dos intereses, da xustiza e da solidariedade que debe haber nunha sociedade plural e democrática”. Así o expuxo no X Congreso de UGT Lugo que hoxe elixía ao novo secretario de organización.
O Concello de Lugo estará representado mañá nas Guerras Cántabras do Corrales de Buelna pola Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, convidada ao evento.
A Concelleira participará nesta festa que comezou no ano 2001 e que, ao igual que o Arde Lucus, recrean a época romana e, máis concretamente, a ocupación por parte das lexións romanas nesta zona de Cantabria.

O Concello de Lugo, a través da Concellería de Cultura e Turismo que dirixe Concepción Burgo, segue a traballar para pechar a programación da edición do San Froilán 2009.
Nesta ocasión, a Concelleira anunciou novas actuacións musicais que terán lugar na cidade durante a celebración das festas patronais.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, visitaron esta mañá aos alumnos do curso de electricista industrial que se enmarcan na oferta formativa do proxecto de inserción laboral Lugo Emprego Activo. Trátase dun proxecto confinanciado polo Fondo Social Europeo.
O XLVI Gran Premio Ciclista da Milagrosa terá lugar o vindeiro sábado 5 de setembro organizado polo Club Ciclista Milagrosa en colaboración coa Concellería de Deportes que dirixe José Manuel Díaz Grandío.
A carreira, que terá lugar no circuíto da Avenida Duquesa de Lugo entre as 16:00 e as 20:00 horas, contará coa participación dun bo número de ciclistas das diferentes categorías: Escola (principiantes-alevíns-infantís), Cadetes e Juniors.
Mañá mércores 2 de setembro, finalizan as sesións do Videoforum infantil que ao longo dos meses de verán estiveron a celebrarse no Centro Social de Lamas de Prado. Esta actividade, organizada polo Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias, a través do Punto Xuvenil, tivo lugar todos os mércores de verán de 18:00 a 20:00 horas.

O 5º Torneo de Tenis Nacional terá lugar na cidade a partir de mañá xoves 3 de setembro ata o 10 de setembro, segundo explicaron esta mañá o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e José Antonio Pereiro, director do torneo.
O Concelleiro resaltou a calidade deste evento deportivo que achega á cidade de Lugo algúns dos mellores tenistas do noso país e, incluso, do estranxeiro que farán disfrutar aos afeccionados lucenses.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, anunciou hoxe que ven de remitirlle unha carta ao presidente da Xunta na que lle solicita unha entrevista para “saber como están os temas pendentes coa cidade e poder avanzar así na súa modernización”.

A Xunta de Goberno do Concello de Lugo aprobou esta mañá o estudo de detalle formulado para o reaxuste das aliñacións e rasantes de parte das vías contempladas na modificación puntual do PXOU na zona comprendida entre a Ponte Romai e a Ponte da Estación.
A Escola de Educación Infantil de Serra de Outes, dependente da Concellería de Educación que dirixe Dolores Vieiro, comezou hoxe, mércores 2 de setembro, a actividade do novo curso escolar 2008-2009.
O pasado martes 1 de setembro celebrouse unha xuntanza informativa para pais e nais que tivo lugar na mesma escola. Os técnicos informaron aos pais e nais dos alumnos e alumnas do centro sobre as actividades, horarios e funcionamento da escola infantil e trataron todos aqueles temas nos que podían ter dúbidas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1570
- 1571
- 1572
- 1573
- 1574
- 1575
- 1576
- 1577
- 1578
- …
- seguinte ›
- última »