
* López Orozco trazou a folla de ruta que guiará a cidade de cara o futuro e que pasa polo asentamento de empresas, a construción do Auditorio, o Museo da Romanización, novas infraestruturas e vías de comunicación, a nova Estación Intermodal, a Nova Ponte, o novo Museo, o plan sectorial de vivenda para As Gándaras, o desenvolvemento turístico, o desenvolvemento do Plan de Mobilidade, a segunda fase do abastecemento da auga e proseguir o saneamento da zona rural
O Concello de Lugo abriu hoxe o prazo para solicitar a autorización de acceso para os residentes que se vexan afectados polos cortes de tráfico durante as festas de San Froilán.
Os residentes que interesados en conseguir o permiso deben solicitala na Oficina de Atención ao Cidadán da Policía Local sita na Praza da Constitución en horario de 8:00 a 14:30 horas.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou xunto co Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, na inauguración na Capela de Santa María da exposción “3+3 Vigo. Xeración dos 50” nun acto ó que asistiu numeroso público.

Por vez primeira Lugo celebra o Día Europeo das Linguas que terá lugar o próximo venres 25 de setembro na Casa das Linguas situada na Estrada da Granxa. O programa de actos deste evento foi presentado esta mañá pola Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre.

O Presidente da Deputación e da Fundación TIC, José Ramón Gómez Besteiro, o Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Director Xeral de Plural Enterteainment e ex director de programas de Telecinco, o lucense Pedro Revaldería inauguraron o curso académico 2009-2010 da Escola de Imaxe e Son de Lugo que dará comezo o vindeiro luns.

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, presentou esta mañá o programa das Festas do San Froilán 2009 que este ano inclúe actuacións e espectáculos durante 15 días, do 28 de setembro ao 12 de outubro.
Na súa intervención, a Concelleira explicou que este ano haberá 19 concertos gratuítos con máis de 20 artistas participantes. Así mesmo, haberá diferentes actuacións de artistas locais e o Festival de Folclore tradicional o día 10 de outubro.

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, deu a coñecer os campos nos que se traballarán dende o Servizo Municipal das Drogodependencias no curso 2009-2010. “Realizaranse un ano máis diferentes actividades de intervención en distintos ámbitos nos centros educativos, coas nais e cos pais, no entorno comunitario e coas asociacións e entidades que o demandan”, destacou.
O Concello de Lugo anuncia que xa están publicadas na páxina web do Concello de Lugo as bases e os formularios de solicitude para o acceso as prazas en quenda libre e de consolidación de emprego de auxiliar de Administración Xeral.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo aprobou esta mañá a adquisición onerosa definitiva de tres vivendas e provisional doutras tres para Servizos Sociais por un total de 576.989 euros. Segundo explicou a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, o Concello cumpriu xa cos compromisos acadados na Comisión de Seguemento das Vivendas da Ponte, mercando 8 pisos no ano 2008 e 7 en 2009.

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, inaugurou esta mañá no Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo un Seminario para a Difusión da Creación de Empresas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1567
- 1568
- 1569
- 1570
- 1571
- 1572
- 1573
- 1574
- 1575
- …
- seguinte ›
- última »