As deficiencias detectadas hai uns meses polo Concello de Lugo foron subsanadas de xeito inmediato garantindo un servizo municipal de comida a domicilio que cumpre con todas as garantías sanitarias esixidas.
Así, estanse a realizar controis aleatorios aos usuarios do servizo por parte da médica do Concello e dos servizos sociais, de xeito que a calidade do servizo é a óptima.
Nas revisións compróbase o estado dos alimentos, a súa correspondencia co usuario, así como as datas de caducidade.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recordou esta mañá que “fai case un ano dende que se realizou o cambio do pavimento por un máis axeitado para a práctica de hockey e patinaxe artístico no polideportivo de A Piringalla e xa vai ser a sede da Primeira División Nacional de Hockey Liña”.

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, presentou esta mañá o programa de emprego Lugo Contigo II acompañada polos representantes de diferentes asociacións que traballan coas persoas con discapacidade: COGAMI, Auxilia, Aspnais, Fademga, Asociación de Xordos, Down Lugo e Feafes. Trátase da segunda edición dun programa subvencionado pola Consellería de Traballo que o ano pasado tivo moito éxito polo que este ano se ampliou o número de beneficiarios de 55 a 100.
O Concello de Lugo, a través da Concellería de Servizos Xerais que dirixe Luisa Zarzuela, organiza un ano máis as Xornadas de Micoloxía que en cada edición realizan decenas de lucenses e teñen unha elevada demanda.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá na Casa do Concello aos representantes da plataforma cidadá Queremos Galego. O Alcalde de Lugo manifestoulles o seu apoio na labor que están a realizar na defensa do idioma galego. Así mesmo, expresou o seu apoio á manifestación convocada en Santiago en defensa do galego que se celebrará este domingo.

* Destaca o compromiso coa cidade do Goberno de España, un apoio que espera obter tamén da administración galega
* Salienta que a Nova Ponte, a Estación Intermodal e as novas autovías axudarán a poñer Lugo no mapa das comunicacións
* Remarca que as empresas contarán sempre “co noso apoio para que Lugo conte tamén no mapa das industrias fortes, competitivas, á altura das esixencias que establece convivir en Europa”

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, deu conta hoxe da reunión en relación coa ordenanza da auga mantida esta mañá cos grupos políticos con representación no Concello e os técnicos municipais.
O Concello de Lugo propón un sistema tarifario baseado no consumo real que primará a aqueles que menos consuman. O luns volverán a reunirse as partes de cara a pechar un acordo que fixe as tarifas da auga do próximo ano.

* Entre estas actividades hai que destacar o programa destinado aos escolares, pensando no disfrute e a formación dos alumnos da provincia
* As actividades sucederanse entre outubro e decembro de 2009
Caixanova e o Concello de Lugo presentan un completo programa cultural para os últimos meses do ano, dirixido a diferentes públicos e potenciando especialmente as iniciativas orientadas aos máis novos.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá na sede da Fundación CaixaGalicia aos 200 acompañantes do Congreso Nacional de Enxeñería Hospitalaria que se está a desenvolver en Santiago. Os acompañantes dos congresistas visitan a cidade de Lugo onde farán un percorrido polos museos da cidade.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, animou hoxe a alumnos e profesores “a traballar en común pola paz, por unha Europa máis solidaria e máis xusta”. Así o salientou na inauguración esta mañá da I Xuntanza de Alumnado Mediador dos centros educativos de Galicia organizada pola Concellería que dirixe Dolores Vieiro a través do programa Vivir Xuntos, Convivir na que participan preto de 50 alumnos de diferentes IES de Galicia e León.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1558
- 1559
- 1560
- 1561
- 1562
- 1563
- 1564
- 1565
- 1566
- …
- seguinte ›
- última »