Como cada ano, pola festividade do día de Todos os Santos o Concello de Lugo amplía o horario habitual do cemiterio municipal de San Froilán para facilitarlle aos lucenses a súa visita e a habitual labor destas datas de limpeza e engalanamento das sepulturas. Desde o 26 de outubro e ata o día 2 de novembro permanecerá aberto de forma ininterrumpida dende as 10:00 ata ás 19:00 horas.
O Consello Escolar Municipal, presidido pola Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, reuniuse onte, mércores 21 de outubro, para analizar diferentes aspectos relativos ao ámbito educativo da cidade. Nesta xuntanza estiveron presentes diversos representantes das diferentes esferas educativas de Lugo e o Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade.
O Concello de Lugo celebrou esta mañá unha xuntanza para a selección da proposta de rehabilitación do antigo cárcere do Partido Xudicial de Lugo que posibilita a implantación dun programa de usos adecuado ao fin socio-cultural que se lle pretende dar.
O proxecto elexido entre os cinco candidatos pre-seleccionados foi o preparado por Creus e Carrasco Arquitectos, S.L.P. da Coruña.
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, deu conta hoxe da nova proposta do Concello de Lugo en relación coa tarifa da auga tras as reunións mantidas cos técnicos municipais e a oposición. A nova proposta do Concello de Lugo propón que o 38% dos usuarios, máis de 21.000, vexan reducida a súa factura. Trátase daqueles que consumen menos de 17 metros cúbicos, de xeito que o comercio sería un dos principais beneficiados coa nova tarificación.

O Concello de Lugo pon en marcha un novo programa de animación á lectura para os máis pequenos na Biblioteca Municipal. A Concelleira de Cultura e Turismo,Concepción Burgo, presentou as actividades que comezarán mañá xoves 22 de outubro e que van dirixidas a nenos de entre 3 e 12 anos. As sesións terán lugar os xoves, ás 19:00 horas.

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, deu conta hoxe tras a reunión semanal da Xunta de Goberno Local, de que o próximo dous de novembro está convocada a reunión da Comisión de Seguemento das vivendas da Ponte, unha vez que o Concello de Lugo xa rematou a adxudicación dos inmobles para o realoxo dos chabolistas.
As actividades da Semana de Benvida 2009, organizadas dentro do Convenio Lugo Cultural, do que forma parte o Concello de Lugo, continúan este xoves 22 coa actuación de Xacobe Martínez, que presentará o seu novo proxecto A Tribu. Unha volta ás raíces ás 20:30 horas, na Praza de Santa María.

* Así mesmo, FEAFES e Urbaser rubricaron un convenio para a realización das prácticas do curso na empresa concesionaria do servizo de limpeza

A Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro, fixo público esta mañá o balance da I Xuntanza de Alumnado Mediador dos centros educativos de Galicia organizada pola súa Concellería a través do programa Vivir Xuntos, Convivir na que participaron preto de 50 alumnos de diferentes IES de Galicia e León.

Verónica Lago Franco resultou gañadora do concurso de deseño gráfico sobre Violencia de Xénero, organizado pola Casa da Muller, dependente da Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1557
- 1558
- 1559
- 1560
- 1561
- 1562
- 1563
- 1564
- 1565
- …
- seguinte ›
- última »