* As novas taxas inclúen, así mesmo, a ampliación das exencións e bonificacións nas taxas pola prestación de servizos sociais
O Executivo Local aprobou hoxe en Xunta de Goberno Extraordinaria a conxelación dos tributos municipais como medida de apoio e alivio fiscal a familias e empresas asentadas na cidade. O obxectivo, tal e como destaca o Goberno, “persegue que o capital circule e se traduza nun maior consumo das familias”.

O equipo de Goberno do Concello de Lugo mantivo nos últimos meses varias reunións con diferentes colectivos da cidade para explicarlles o borrador da Ordenanza de Convivencia elaborada pola Concellería de Protección da Comunidade.
O obxectivo era coñecer as opinións e aportacións que dende os diferentes colectivos que quixeran realizar á ordenanza. Participaron nestas xuntanzas:
- UNAVE
- Federación de Asociacións Veciñais.
- Asociacións non federadas.
O Concello de Lugo celebrou esta mañá unha Comisión de Seguimento do Plan Urban na que se deu conta das liñas de traballo que se están a levar a cabo e os proxectos que se realizarán proximamente.

* Destaca que os actos de conmemoración da Muralla como Patrimonio e o Xacobeo farán de Lugo e de Galicia o cumio da modernidade universal
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou esta tarde na celebración do patrón da Escola de Arte Superior de Deseño Ramón Falcón no que lles pediu aos alumnos que acheguen ideas creativas para a celebración do 10 aniversario da Muralla como Patrimonio Mundial. No acto estivo acompañado pola directora da Escola, Esther Muñoz.
Como cada ano, pola festividade do día de Todos os Santos, celebrarase o tradicional mercado das flores nas instalacións da Praza de Abastos. Mañá xoves, 29 de outubro, o venres 30 e o sábado 31 poderanse encontrar todo tipo de centros e de flores para decorara as sepulturas no cemiterio.

O Concello de Lugo continúa a promover entre a mocidade lucense a creación de empresas na forma xurídica de cooperativa, así como promover os valores de solidariedade e voluntariedade, valores positivos para a sociedade en xeral.
Nesta ocasión, a Concellería de Economía e Emprego, que dirixe Sonia Méndez, organizou unha serie de actividades formativas de promoción e fomento do cooperativismo dirixidas a alumnos de ESO dos centros de ensino da cidade de Lugo.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo manifestoulle esta mañá o seu pésame á familia da Condesa de Fenosa, Carmela Arias y Díaz de Rábago. O Voceiro do equipo de Goberno, José Rábade, resaltou o seu labor a prol da cultura como presidenta da Fundación Pedro Barrié de la Maza.
Neste sentido, o Alcalde de Lugo, José López Orozco, envioulle unha carta á familia para trasladarlle o seu pésame e o do seu equipo de Goberno.
O actor e humorista Berto Romero chega a Lugo co seu espectáculo La apoteosis necia o próximo 4 de decembro no Auditorio Municipal Gustavo Freire ás 20.30 horas.
Berto, a quen se pode ver semanalmente como o fiel acompañante de Andreu Buenafuente nas noites de La Sexta, presenta un excelente montaxe teatral en formato de monólogo pero con interrupcións como un músico ou unha pantalla complementaria.
* Así o decidiu nunha reunión con representantes da CEL, Federación de Comercio de Lugo e a Asociación Provincial de Hostelería

O club San Fernando Lucus Caixa Rural cumpre este ano o seu 25 aniversario, polo que organizou o “Trofeo Tetratlón 25 aniversario SF Lucus Caixa Rural Galega” que foi presentado esta mañá no Concello de Lugo polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o presidente do club, José Manuel Traseira, e o Delegado da Federación de Atletismo en Lugo, Manuel Castiñeira.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1555
- 1556
- 1557
- 1558
- 1559
- 1560
- 1561
- 1562
- 1563
- …
- seguinte ›
- última »