O Alcalde de Lugo, José López Orozco, reclamou hoxe “sentido común, racionalidade, e que se chegue a un acordo en relación coa lingua” porque -destacou- é a única maneira de darlle solución a este problema artificial, porque hai que gobernar con obxectivos e non só atendendo a momentos concretos”, incidiu.
O Concello de Lugo publicou xa as listas de alumnos e alumnas admitidos na Escola Infantil das Fontiñas. Os interesados poden consultar o listado no tablón de edictos, na propia Escola Infantil e na Concellería de Educación sita no terceiro andar do Centro de Convivencia Uxío Novoneira.
Ademais, desde hoxe luns 4 de xaneiro poden realizar a matrícula dos cativos e cativas no centro municipal.

A Concellería de Cultura e Turismo, dirixida por Concepción Burgo, presenta o IV Concurso de Carteis Entroido 2010, aberto a todas as persoas que o desexen. Cada autor poderá presentar unha obra de tamaño libre no que deberá aparecer o seguinte texto: “Entroido 2010, 12-17 de febreiro- Concello de Lugo”, e será requisito indispensable que o logo da cidade figure no cartel.

O Concello de Lugo organiza un ano máis a Cabalgata de Reis que permitirá a nenos e maiores disfrutar da maxia e da ilusión chegadas desde Oriente na tarde do 5 de xaneiro.
A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, manifestou hoxe que agarda “obter un consenso unánime de cara a creación dunha empresa mixta municipal de turismo”. Así o trasladou logo da comisión da empresa de turismo na que participaron o Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira, a oposición, así como a Cámara de Comercio e a Asociación de Hostaleiros.

* A Fundación TIC apoiou económica e tecnicamente na rodaxe, na que traballaron alumnos e bolseiros da Escola de Imaxe e Son.

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá o gasto de 100.218 euros para a execución do proxecto de atención familiar entre o 5 de agosto de 2009 e o 5 de agosto de 2010. A empresa encargada da realización deste programa é a mercantil AO Mayores Servicios Sociales SL.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, entregaron os premios aos grupos gañadores do xogo na Busca do Tesouro, organizado pola Concellería de Xuventude.
Despois de dous días de intensas probas os seguintes grupos conseguiron os seus premios:
Para a categoría A, (de 14 a 17 anos):
1º premio, tres ordenadores portátiles para o grupo 383
2º premio, cámaras dixitais para Zinc So!
O Concello de Lugo participou hoxe xunto con ACUNOR a través dunha videoconferencia na comisión de seguimento da II fase de abastecemento da cidade. O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Medio Ambiente e Zona Rural, Lino González Dopeso, foron os encargados de presidir a reunión desde a Casa Consistorial.
A obra adxudicarase o 29 de xaneiro por un importe de 7 millóns de euros. Un total de 32 empresas presentáronse para a obra e 14 para a dirección técnica.
O Concello de Lugo, elixiu xa aos destinatarios do programa de axudas municipais para o alugamento de vivendas na cidade. Con esta iniciativa o equipo de Goberno pretende facilitar o acceso á vivenda ás persoas que se atopen nunha situación socioeconómica que lle dificulte ou imposibilite acceder ao alugamento dunha vivenda digna.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1541
- 1542
- 1543
- 1544
- 1545
- 1546
- 1547
- 1548
- 1549
- …
- seguinte ›
- última »