O Concello de Lugo participou hoxe, a través da Concellería de Xuventude que dirixe Rosana Rielo, na xornada International Day que se celebrou na Escola Politécnica Superior. O obxectivo desta xornada é que o alumnado estranxeiro achegue a súa cultura á comunidade da USC á vez que se promove a mobilidade.

- O Alcalde da cidade, o Presidente da Deputación de Lugo e o Conselleiro de Cultura foron os encargados de dar a coñecer toda a programación que conmemora o décimo aniversario da Muralla como Patrimonio Mundial
- Ambos os mandatarios lucenses tiveron ocasión de saudar ás SSMM os Reis ao seu paso polo stand de Turgalicia
- Ao remate do acto a Deputación repartiu 500 lotes de produtos autóctonos aos asistentes
- O Conselleiro de Cultu

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado pola Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, deu conta hoxe da presenza do Concello de Lugo na Feira Internacional de Turismo, Fitur, que se celebra a partir de mañá en Madrid e onde se presentará a programación Lugo10 que conmemora o décimo aniversario da Muralla de Lugo como Patrimonio Mundial.

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, e o Mago Rafa, presentaron esta mañá unha gala de maxia benéfica a favor dos damnificados polo terremoto que días atrás se produciu en Haití. Esta actividade terá lugar o vindeiro domingo 24 de xaneiro ás 18:00 da tarde no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo.
A entrada colaboración á gala terá un prezo único de 5 euros, e poderanse comprar na taquilla do auditorio desde unha hora e media antes da función.

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, presentou o libro que recolle os relatos premiados nas últimas edicións do Certame de Narración Curta Ánxel Fole. O acto tivo lugar ás oito desta tarde no Salón de Plenos da Casa Consistorial.
Baixo o subtítulo de Dous anos de contos, a publicación recolle os oito relatos gañadores, catro na categoría de galego e catro na de castelán.
O volume compila as seguintes obras:
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, defendeu hoxe a presunción de inocencia da Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, tal e como se desprende do sumario do caso das multas coñecido os pasados días e en contra do publicado por algún medio de comunicación.
Esta reunión serviu para avanzar nalgúns dos puntos que recolle o informe emitido pola Xunta e nos que xa traballa o Goberno Local. Así, María Novo fai unha valoración “satisfactoria dunha reunión que permite avanzar na consecución da aprobación do PXOM”.
Ambas as partes acordaron reunirse de novo para tratar de xeito particular o caso do Carme, logo de que a Xunta pedira un plan específico para a zona.

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, deu conta dos asuntos tratados na xuntanza da comisión de Municipalización do Servizo Turístico. Esta foi a segunda xuntanza desta Comisión na que están representados todos os partidos políticos do Pleno, os servizos administrativos do Concello relacionados con este servizo e os representantes da Cámara de Comercio e a Asociación de Hostaleiros de Lugo.
A Concellería de Cultura e Turismo, que dirixe Concepción Burgo, organiza, en colaboración coa Asociación “Pepe Barreiro” de Lugo, o 6º Premio de Ferretes Entroido 2010 con motivo da celebración do próximo Enterro da Sardiña que se celebrará o día 17 de febreiro.

A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, presentou esta mañá unha nova edición da campaña de almorzos saudables englobada dentro do programa Non só comas, aliméntate que o Concello de Lugo ven desenvolvendo dende o ano 2004.
Nesta edición participarán 25 centros educativos da cidade, cun total de 2.136 rapaces e rapazas de 1º e 2º de educación Primaria.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1537
- 1538
- 1539
- 1540
- 1541
- 1542
- 1543
- 1544
- 1545
- …
- seguinte ›
- última »