O Concello de Lugo patrocina o XX Duatlón Cidade de Lugo memorial Alejandro López que organizan a Federación Galega de Tríatlon, o Clube Tríatlon Cidade de Lugo Fuvial e a Asociación Deportiva FeFeMe.

Ao redor de 20 persoas da Asociación de internos e traballadores do Centro Penitenciario de Bonxe peregrinan a Santiago de Compostela desde Oviedo levando unhas camisetas coa marca Lugo10 que conmemora o décimo aniversario da Muralla romana como Patrimonio Mundial.
A asociación comezou a súa andaina o pasado 26 de marzo en Oviedo onde promocionaron o monumento lucense máis emblemático percorrendo as rúas da cidade coas camisetas de Lugo10.

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, presidiu esta mañá o Foro de Igualdade no que avaliaron as iniciativas promovidas polo Concello e asociacións no último trimestre.

O Concello de Lugo colabora con Rababiero Promocións na celebración dun espectáculo de humor en galego, englobado no programa de Lugo10, que terá lugar o vindeiro 15 de maio no Auditorio Municipal Gustavo Freire.
Baixo o título Noites de retranca, chegarán a cidade parte dos mellores actores galegos da actualidade como Sergio Pazos, Luís Zahera, Víctor Mosqueira, Evaristo Calvo ou Manuel Manquiña entre outros.

A próxima semana, o sábado 17 de abril, comeza a trixésimo oitava edición do decano dos festivais galegos de música clásica: o Festival de Música Cidade de Lugo (tradicionalmente coñecido como Semana do Corpus) que está organizado pola Concellería de Cultura e Turismo.
O Concello autorizou a compra de 25 PDAs para a Policía Local coas que se pasará a tramitar as multas de xeito automático no canto de facelo cos actuais boletíns. O Concello vai investir 18.000 euros neste proxecto. A Xunta de Compras do Concello aprobou hoxe este gasto que se vai adicar á compra das PDAs, á instalación dos programas informáticos, compra de impresoras e máis á formación dos policías.
O Concello de Lugo patrocina o XX Duatlón Cidade de Lugo memorial Alejandro López que organizan a Federación Galega de Tríatlon, o Clube Tríatlon Cidade de Lugo Fuvial e a Asociación Deportiva FeFeMe.

A programación para celebrar o décimo aniversario da Muralla, Lugo10, continúa e mañá venres 9 de abril achegará á cidade ao mítico grupo do pop español Los Secretos coa súa xira Cara B.
A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, visita estes días a Feira de tecnoloxía TECNIMAP que se está a celebrar en Zaragoza, organizada polo Ministerio de Administracións Públicas. Zarzuela visita esta feira sobre administración electrónica, acompañada de dous técnicos do departamento que dirixe, para coñecer as novidades na implantación das novas tecnoloxías nas administracións públicas.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, visitaron esta mañá a casa para persoas con discapacidade construída polo Concello na rúa Leiras Pulpeiro. O edificio construíse coa financiamento do Fondo Estatal de Investimento Local cun presuposto de 599.000 euros. Nel haberá cinco vivendas adaptadas para persoas con mobilidade reducida, unha en cada planta, ademais dun local situado no baixo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1520
- 1521
- 1522
- 1523
- 1524
- 1525
- 1526
- 1527
- 1528
- …
- seguinte ›
- última »