O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o Presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos Vaz, e o Delegado en Lugo da Federación Galega de Atletismo, Manuel Castiñeira, presentaron no Concello o Campionato Galego de Clubes en Pista que terá lugar o vindeiro sábado 17 de abril, nas pistas Gregorio Pérez Rivera.
O horario das probas será de 11:00 a 14:00 horas pola mañá e de 16:00 a 20:00 horas pola tarde.
lista provisional de admitidos e excluídos (con indicación do motivo de exclusión) no citado procedemento selectivo convocado
polo Decreto nº 1118/2009 do Libro de Resolucións en materia de persoal ó servizo da Corporación, de data do 17 de decembro de 2009, publicado no Boletín Oficial da Provincia nº 5, do 8 de xaneiro de 2010 e correspondente as prazas incluídas na Oferta de Emprego Público do Concello de Lugo para o ano 2009, en quenda libre.
O Goberno local oporase rotundamente a que os lucenses teñan que pagar polo aparcamento no novo hospital. O concelleiro de Medio Ambiente e Medio Rural, Lino González Dopeso, explicou en rolda de prensa trala Xunta de Goberno local que “o pobo de Lugo cedeu gratuitamente os terreos e non parece xusto que agora os lucenses tiveran que pagar por aparcar nuns terreos que foron propiedade da súa propiedade”.

A Xunta de Goberno do Concello de Lugo aprobou esta mañá a adxudicación definitiva do servizo de posta en marcha do sistema de abastecemento de auga en alta da cidade á empresa Gestión y Técnicas del Agua SA (GESTAGUA), por un prezo anual de 1.073.438 euros.

Lugo é a cidade de Galicia na que máis se reduciu a débeda e a terceira entre as capitais de provincia de España, segundo o informe sobre a débeda contraida polos Concellos no ano 2009, publicado polo Ministerio de Economía e Facenda do que deu conta esta mañá a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Conselleiro Delegado de Calfensa Proyectos, SL, José Ramón Panete, asinaron hoxe un convenio de colaboración no marco de Lugo10 para a realización dos actos e actividades que se engloban baixo a marca coa que o Concello de Lugo está a conmemorar o décimo aniversario da Muralla Romana como Patrimonio Mundial.
Na segunda fase do proxecto haberá cursos de coidador de persoas discapacitadas físicas e psíquicas, atención especializada para persoas enfermas de Alzheimer, axentes de desenvolvemento da comunidade discapacitada, técnico en transporte sanitario, monitor de educación ambiental, técnico de sistemas de enerxías renovables, mantemento de aire acondicionado e fluídos, operador de estacións depuradoras de augas residuais, operario de redes e centros de distribución de enerxía eléctrica e técnico en r

O domingo 25 de abril ás 20.30 horas chegará á cidade, englobado dentro da programación de Lugo10, o espectáculo do monologuista e actor Dani Mateo que está a triunfar en salas, teatros e auditorios de toda España.
Continúan á venda as entradas a un prezo de 18 euros na zona A, 16 na B e 14 na C, a través da taquilla telefónica 902 504 500 e na web www.caixanova.es .

O Servizo de Información 010 do Concello de Lugo comezou a súa andadura o 17 de marzo de 2005, trátase dun servizo de atención telefónica que achega a administración aos cidadáns.

O Alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, fará xestións coa Federación Española de Municipios e Provincias para que a Rede de Cidades Catedralicias poida constituírse como Club de produtos turísticos. Esta iniciativa permitiría facer un plan turístico das 19 cidades que actualmente forman parte da Rede.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1519
- 1520
- 1521
- 1522
- 1523
- 1524
- 1525
- 1526
- 1527
- …
- seguinte ›
- última »