
O Festival de Música Cidade de Lugo XXXVIII Semana do Corpus organizado polo Concello de Lugo continúa esta semana con dous concertos de alta calidade.
Mañá martes, 20 de abril, comeza o período de pagamento voluntario do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM) e que rematará o 21 de xuño.
Este imposto, con periodicidade anual, afecta a todos os propietarios de vehículos dados de alta no Concello de Lugo que neste ano 2010 conta con 700 altas máis que no ano 2009. O Concello de Lugo porá ao cobro un importe total de 5.713.262 euros, correspondente aos 66.269 recibos.

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, fixo hoxe balance dos usuarios e das actividades do Centro de Convivencia Maruja Mallo. Basadre afirmou que “é un centro que en menos dun ano converteuse nun centro dinámico, con alta participación da poboación da zona que día a día acude ao Maruja Mallo, se involucra e realiza diferentes propostas para aumentar a súa actividade”.

O alcalde de Lugo, Xosé López, mandoulle unha carta á Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, na que pide información sobre se está previsto trasladar o Centro de Especialidades da praza do Ferrol ó novo Hospital. Na misiva, remitida á Conselleira o pasado día 15 de abril, Orozco solicítalle a Farjas “información precisa” sobre o traslado e prégalle que “reconsideren tal posicionamento”.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e outros membros da Corporación Municipal recibiron esta mañá na Casa do Concello á Vicealcaldesa de Puerto Príncipe, Nadege Joathim Augustin, que está a visitar Galicia.

Mañá, sábado 17 de abril, comeza a trixésimo oitava edición do decano dos festivais galegos de música clásica: o Festival de Música Cidade de Lugo (tradicionalmente coñecido como Semana do Corpus) que está organizado pola Concellería de Cultura e Turismo.
O vindeiro domingo, 18 de abril terá lugar unha nova proba do X Circuíto Larsa Corre con Nós, que suporá a 6ª carreira do circuíto de Rapaces e a 5ª de adultos.
Os atletas sairán do Centro Comercial As Termas, no aparcadoiro superior, percorrendo segundo as categorías as seguintes distancias:
12:00 h : Categoría Mini: 300 metros
12:10 : Categoría A: 517 metros
12:20 : Categoría B: 1.752 metros
12:30: Categoría C – D: 2.670 metros

López Orozco asinou outro documento para a colaboración coa promoción e integración xitana de Lugo
A Concelleira de Educación, Dolores Vieiro presentou a IX edición do concurso de debuxo de Educación Viaria Cidade de Lugo destinado a todos os escolares e a estudantes de secundaria e bacharelato de toda Galicia. Na presentación estiveron presentes representantes das institucións colaboradoras: o Xefe Provincial de Tráfico, Gonzalo de León, e o responsable do Parque Infantil de Tráfico do Concello de Lugo, José Reigosa.

Ten como obxectivo fundamental a inserción laboral daquelas persoas que se atopan en condicións de especial dificultade para acceder a un emprego
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1518
- 1519
- 1520
- 1521
- 1522
- 1523
- 1524
- 1525
- 1526
- …
- seguinte ›
- última »