
A próxima semana, o martes 10 de maio, comeza a trixésimo novena edición do decano dos festivais galegos de música clásica, este Festival de Música Cidade de Lugo (tradicionalmente coñecido como Semana do Corpus) que as próximas catro semanas encherá de música a cidade cos quince concertos (incluíndo 2 concertos familiares e para nenos, dentro dunha programación cuxas premisas básicas son a calidade e a variedade) que se celebrarán ata o 2 de xuño en diferentes lugares como o Círculo

O rali, que se disputará o domingo, terá dúas modalidades, a ruta regular e a ruta turística
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o Presidente da Asociación Lucense de Coches Clásicos, Graham Bruce Martin, e Carlos Somoza, directivo da mesma asociación, presentaron esta mañá a oitava edición do Rali Cidade de Lugo de motocicletas e automóbiles clásicos e antigos que se disputará este fin de semana.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, asistiu, acompañado pola Concellería de Economía e Emprego, Sonia Méndez, á presentación dun dos contidos máis espectaculares do Museo Interactivo da Historia que correu a cargo de Manuel Coronado, creativo de instalacións e espectáculos multimedia.

A Concelleira de Benestar Social, Carmen Basadre, presentou esta tarde unha reportaxe elaborada por bolseiros e persoal técnico da Fundación TIC con motivo do 15 aniversario da ONG Cova da Terra, que amosa a historia desta organización, os seus comezos e as actividades desenvolvidas ó longo dos anos. Logo do visionado, fíxose unha degustación de produtos ecolóxicos e de comercio xusto que habitualmente se atopan na tenda.

O Concello de Lugo vai conmemorar o Día de Europa con diversos actos para nenos, que terán lugar o domingo, 8 de maio, e un acto institucional que se celebrará o luns, 9 de maio.
Os actos, organizados por Europe Direct, comezarán o domingo con actividades para nenos que se desenvolverán baixo o lema “A nosa Europa”. A partir das 11 da mañá e ata as 5 da tarde haberá xogos, xincana, obradoiros de debuxo e outras actividades na praza Maior.
A Concellería de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, participou onte nos actos de celebración do Día da Nai que tiveron lugar no Cemiterio Municipal de San Froilán.
A actuación da Coral Lugh e o recital de Adela Figueroa, coa lectura dun poema escrito por Darío Xoán Cabana e adicado a todas as nais, foron os actos de lembranza a todas as nais e especialmente a aquelas que xa non están entre nós. Un poema emotivo, próximo e realista que quedará gravado na zona do Cemiterio.

A Concelleira de Xuventude animou a todos os lucenses a achegarse ata a pasarela para coñecer as ideas presentadas polos deseñadores e estilistas da cidade para a celebración do Arde Lucus
A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, e Miriam Souto, de Miriam Souto Peluqueros, presentaron esta mañá en rolda de prensa a segunda edición do Desfile de Moda Romana, previo a festividade do Arde Lucus, e que terá lugar este sábado, día 7 de maio, na Praza Maior de Lugo a partir das 20.30 horas.

O Centro de Convivencia de Fingoi, dependente da Concellería de Benestar Social e Igualdade, e a Deputación Provincial de Lugo, a través do programa Km0, programan unha visita a Monforte de Lemos para o vindeiro martes día 10 de maio.

O Alcalde de Lugo e as Concelleiras de Servizos Xerais e Educación quixeron agradecer aos directores e directoras dos centros educativos e patrocinadores o gran éxito acadado nestas oito edicións do programa Almorzos Saudables

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, asinou hoxe un convenio de colaboración coa Fundación Secretariado Xitano para impartir un curso de acompañamento escolar.
Por medio deste convenio, o Concello cédelle á Fundación Secretariado Xitano o uso dun aula nas instalacións municipais do CEI-NODUS para a impartición deste curso dirixido a mulleres de entre 18 e 35 anos.
O curso, de 15 horas de duración, impártese desde hoxe ata o día 6 de maio.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1397
- 1398
- 1399
- 1400
- 1401
- 1402
- 1403
- 1404
- 1405
- …
- seguinte ›
- última »