
A Concelleira de Economía e Emprego en funcións, Sonia Méndez, asistiu esta mañá á inauguración da xornada “A Nova Axencia”, que organiza o Concello de Lugo a través do CEI-Nodus, e dirixida aos emprendedores e empresas lucenses.

Última semana de concertos da trixésimo novena edición do decano dos festivais galegos de música clásica, este Festival de Música Cidade de Lugo (tradicionalmente coñecido como Semana do Corpus) que reservaba para o tramo final dúas das súas grandes citas. Así, o Círculo das Artes acollerá os días 1 e 2 de xuño, respectivamente, o debut en España do Insieme Strumentale di Roma e o concerto de clausura con gran barítono ruso Sergei Leiferkus.

O Concello, a través da Concellería de Benestar Social e Igualdade e o Servizo de Prevención de Drogodependencias participa na organización dos actos que terán lugar na cidade con motivo do Día Mundial sen Tabaco.
Estes actos comezarán o vindeiro luns 30 cunha conferencia e continuarán o propio Día Mundial sen Tabaco que se celebra o martes 31 de maio.

López Orozco e Carmen Basadre visitaron hoxe unha vivenda de Coeses na que o Concello subvencionou unha obra para facer accesible o cuarto de baño
O Concello de Lugo adicará este ano 54.000 euros ó programa municipal de subvencións para mellorar a accesibilidade de vivendas de persoas maiores dependentes, segundo anunciou hoxe o Alcalde en funcións, José López Orozco, nunha rolda de prensa na que tamén participou a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre.

O Concello de Lugo organiza a Xornada A Nova Axencia dirixida a emprendedores e empresas lucenses que terá lugar este venres no salón de actos do CEI-Nodus.
Trátase dunha xornada aberta que ten por obxecto axudar ás pemes a identificar novas estratexias de comunicación e marketing on line e na que se vai reflexionar sobre as últimas tendencias de comunicación na Internet.

A segunda edición do Concurso fotográfico da Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo, con sede en Bilbao, invita aos entusiastas da fotografía de toda Europa, tanto profesionais como afeccionados, a coller de novo a súas cámaras para captar a súa visión da seguridade e a saúde no lugar de traballo.
O Concello de Lugo, a través da Área de Deportes, ofertou para o presente curso escolar, dende outubro de 2010 ata maio de 2011, un total de dezaseis cursos nos distintos espazos deportivos da cidade.

A Concelleira de Servizos Xerais en funcións, Luisa Zarzuela, anunciou hoxe unha nova convocatoria para as comunicacións do Concello de Lugo.

A Concelleira de Servizos Xerais en funcións, Luisa Zarzuela, entregoulles está mañá os diplomas aos asistentes dos cursos que se impartiron nos meses de marzo e abril de 2011 no Telecentro do Castiñeiro. Ao acto asistiron preto de medio cento de alumnos, que participaron nalgún dos varios cursos ofertados polo Concello de Lugo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1388
- 1389
- 1390
- 1391
- 1392
- 1393
- 1394
- 1395
- 1396
- …
- seguinte ›
- última »