
O 72% dos turistas que visitan Lugo proceden doutros lugares do Estado español pero aumenta cada ano o número de turistas procedentes doutros países da UE.
A área de Cultura e Turismo busca encher de actividades e de vida as rúas da cidade durante os meses de xullo e agosto e trata de atraer a Lugo un turismo de proximidade cunha campaña de promoción no resto de cidades galegas e na Mariña.

Os artesáns montaron os seus talleres durante todo o día no fondo da Praza Maior e houbo obradoiros para nenos e explicacións dos distintos oficios.
A área de Cultura e Turismo busca con esta actividade encher de vida as rúas de Lugo durante os meses do verán e ofrecer un atractivo máis tanto aos lugueses como aos turistas que se achegan á cidade nesta época.

O Concelleiro de Servizos Xerais e Modernización Administrativa, Francisco Fraga, entregoulles esta mañá os diplomas aos asistentes dos cursos que se impartiron nos meses de maio e xuño no Telecentro do Castiñeiro. Ao acto asistiron preto de medio cento de alumnos, que participaron nalgún dos varios cursos ofertados polo Concello.

O Concelleiro de Servizos Xerais destaca que se dará prioridade ás persoas discapacitadas nos bautizos do aire
O Concelleiro de Servizos Xerais, Francisco Fraga, participou hoxe, xunto co Deputado provincial Mario Outeiro e o presidente do Real Aeroclub de Lugo, Luis Abelleira Mayor, na presentación do VI Criterium Aeronáutico e da XXVIII Volta Aérea a Galicia que tivo lugar esta mañá na Deputación provincial.
A partir de mañá día 15 inícianse dous novos cursos do programa Actividades de Verán 2011 organizado pola Área de Benestar Social, Igualdade e Xuventude. O prazo de inscrición xa rematou pero os interesados aínda se poden apuntar achegándose aos centros nos que se imparten ditas actividades.

O Concelleiro de Servizos Xerais, Francisco Fraga, recibiu esta tarde no Concello a un grupo de profesores da Unión Europea que participan no curso “Science&Art: so similar, so different”, que se celebra esta semana en Santiago de Compostela, organizado polo IES Urbano Lubrís da Coruña, co patrocinio dos Museos Científicos coruñeses e dos Concellos de Lugo, A Coruña e Santiago.
Fraga deulles a benvida á nosa cidade e amosoulles a Casa do Concello, que visitaron logo de coñecer a Muralla romana.
O curso de ciclomotor que se levaba a cabo no Parque Infantil de Tráfico do Concello de Lugo e que rematou o día 8 de xullo xa obtivo os primeiros resultados nas probas para acadar a licenza de ciclomotor ante a Xefatura de Tráfico de Lugo.

O Concello de Lugo acordou hoxe iniciar os trámites para cederlle unha parcela municipal situada en San Fiz á Universidade para a construción das novas instalacións da Aula de produtos lácteos e aprobou darlle nomes a tres rúas que circundan o novo Hospital, segundo informaron en rolda de prensa os Tenentes de Alcalde Luis Álvarez e Paz Abraira.
No que vai de ano os técnicos do CEI asesoraron a 200 emprendedores que levan creadas 39 empresas
Méndez tamén anunciou que se vai reunir coas asociacións de autónomos
O Concello de Lugo aumenta o seu apoio ós emprendedores coa ampliación a catro anos do tempo que poden permanecer instaladas as empresas no Centro municipal de empresas, segundo anunciou hoxe a Alcaldesa en funcións e Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez.
As obras acometeránse no próximo verán xa que será necesario achicar o caudal do río mediante ataguías para poder actuar sobre as pilastras do vello viaducto romano.
Retirarase a estrutura metálica engadida nos anos 70, cambiarase o pavimento por pedra, melloraráse a iluminación e renovaranse todas as canalizacións de auga, luz, gas e telefonía que dan servizo ao barrio da Ponte.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1375
- 1376
- 1377
- 1378
- 1379
- 1380
- 1381
- 1382
- 1383
- …
- seguinte ›
- última »