Hoxe día 1 inícianse dous novos cursos, e mañá día 2 un curso máis do programa Actividades de Verán 2011 organizado pola Área de Benestar Social, Igualdade e Xuventude. O prazo de inscrición xa rematou pero os interesados aínda se poden apuntar achegándose aos centros nos que se imparten ditas actividades.
Dispón de axudas técnicas como grúas, cadeiras para a bañeira ou camas articuladas que facilitan a vida diaria dos dependentes
O Concello de Lugo asina mañá un contrato co Instituto Galego de Vivenda e Solo para o mantemento e tramitación das oficinas municipais de rehabilitación denominado, Portelo único, segundo o anunciou o concelleiro de Urbanismo Luis Álvarez.

O Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González, comparecedu hoxe diante dos medios de comunicación para explicar a situación de controversia que xurdiu por mor da avaría de auga que afecta á rúa Armónica e Fingoi.
A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, continúa a rolda de reunións cos representantes dos autónomos de Galicia, sendo esta a terceira que se celebra desde a creación da nova Concellería de Economía, Emprendemento e Autónomos.

O Concello ofrécelle colaboración á Xunta de Galiza para resolver os “problemas arquitectónicos” que obrigaron a pechar o museo de San Roque e poder abrir de novo o centro.

O Alcalde e o Presidente da Deputación entregaron os primeiros envases de madeira a comerciantes do centro da cidade que se sumaron a este proxecto do Plan Urban

Gaspar Zarrías, Orozco, Besteiro e Cortizo presentan as axudas da UE que adican a Lugo 1,1 millóns de euros para continuar o programa Lugo Emprego Activo
A Deputación recibe preto de 18 millóns de euros para programas de creación de emprego, frear o despoboamento e consolidar o medio ambiente como recurso estratéxico para a provincia

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a representante da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, Manuela Pacín, e outros membros da corporación, recibiron hoxe ós nenos saharauis que pasan o verán na nosa cidade acollidos por familias lucenses.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e o Presidente da Federación Galega de Tenis, o lucense José Antonio Pereiro, clausuran hoxe o curso de xullo da Escola Deportiva Municipal de Verán 2011.
O curso, organizado pola Federación Galega de Tenis en colaboración coa Concellería de Deportes de Lugo, pecharase cun acto no que se fará entrega das medallas do minitorneo final de clausura.
A clausura terá lugar ás 19.30 horas nas pistas de tenis municipais de Frigsa.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1374
- 1375
- 1376
- 1377
- 1378
- 1379
- 1380
- 1381
- 1382
- …
- seguinte ›
- última »