
A Xunta de Goberno aprobou tamén na reunión desta mañá a asignación de nomes para novas rúas da cidade. Segundo detallou o tenente alcalde e concelleiro de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, o nacionalista Antón Bao, trátase de diversas rúas de San Fiz, Albeiros e o casco histórico.
O Concello de Lugo foi nomeado gañador na categoría Mellor Entidade Pública polo xurado do II Premios Galicia a la Gestión Deportiva e organizado pola Asociación Galega de Xestores Deportivos (AGAXEDE).
A Concellería de Infraestruturas e Axenda 21 puxo en marcha o plan de coordinación coa Policía Local e a empresa adxudicataria para que as molestias á cidadanía sexan as menos posibles.

O Concello de Lugo aposta unha vez máis polas novas tecnoloxías, por iso dende o servizo de información 010 vanse realizar diversas campañas informativas para que a cidadanía coñeza as vantaxes de realizar trámites online coa administración local, segundo informou o Concelleiro de Servizos Xerais, Francisco Fraga.

O Alcalde destacou que grazas ó Plan Urban tamén se están a instalar xogos infantiis e un parque biosaudable no paseo interior da Muralla
Tamén se deron subvencións de máis de 9.000 euros para mellorar fachadas de negocios que dan ó adarve

O Concello de Lugo sumouse hoxe ós actos conmemorativos do día mundial contra o cancro de mama organizados na nosa cidade pola Asociación de loita contra o cancro e o grupo El Progreso, coa colaboración de diversas institucións, como o Concello, e empresas privadas.
O xoves, día 20 de outubro, comezará o prazo de pago en voluntaria do Imposto de Actividades Económicas que estará aberto ata o día 20 de decembro, segundo informa a Concellería de Economía.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presidiu a toma de posesión de 15 novos auxiliares administrativos que a partir de mañá comezarán a súa labor como funcionarios públicos nos diferentes sectores do Concello de Lugo.
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o proxecto da Ordenanza municipal reguladora dos espazos xuvenís do Concello de Lugo. Segundo informou o Concelleiro de Urbanismo e Voceiro Socialista, Luis Álvarez, o goberno local aprobou esta mañá a proposta que ten por obxecto a regulación do uso e funcionamento de instalacións como a Casa da Xuventude, a Oficina Municipal de Información Xuvenil, a Casa da Música e o Punto de Información Xuvenil do Castiñeiro.
A Consellería de Educación non fixo ningunha proposta para construír novos centros escolares na cidade e lembra que o acordo de goberno do Concello inclúe a creación dun novo colexio no Sagrado Corazón
O Tenente de Alcalde e Concelleiro de Cultura, Antón Bao, anunciou hoxe que o Goberno local ofreceralle colaboración á Xunta para arranxar as deficiencias que manteñen pechado o Museo de San Roque por falta de seguridade.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1362
- 1363
- 1364
- 1365
- 1366
- 1367
- 1368
- 1369
- 1370
- …
- seguinte ›
- última »