A Concellería de Educación, Formación e Orientación Laboral, informa que o prazo de recollida dos vales correspondentes ás “Bolsas escolares de axuda para educación infantil, curso 2011-2012” remata o día 23 de decembro.

Os obradoiros para participar na Cabalgata serán polas mañás no Centro Social Maruja Mallo os días 26, 28, 30, 2 e 4 de xaneiro. Hai tamén en marcha un Concurso de Cartas aos Reis para ser paxes das súas Maxestades
O día 25 pola tarde virá o Apalpador e os días 25, 26, 27, 28 e 29 pola tarde haberá programación infantil no Auditorio
As principais corais da cidade sairán á rúa para interpretar Cantos de Nadal polos distintos barrios

O Concelleiro de Servizos Xerais, Francisco Fraga, anunciou que dende hoxe ponse en marcha unha campaña de Nadal para promocionar as compras na Praza e Mercado de Abastos. Desta maneira, o Concello distribuíu 3.500 tiquets de aparcamento entre os praceiros para que repartan ao longo deste días entre os seus clientes. Desta maneira, as persoas que merquen nestes establecementos poderán ter ata 20 minutos gratis de estacionamento no aparcamento da Praza do Ferrol ata o día 6 de xaneiro, data na que remata o uso destes tiquets.

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, presentou as actividades que se van desenvolver durante o Nadal para os mozos e mozas de Lugo. Dentro das actividades que están previstas para buscar un ocio alternativo, celébrase a IX edición “Busca do Tesouro”, coa que se pretende que os participantes coñezan a cidade e profundicen na súa historia.

As obras comezarán de inmediato e estarán rematadas no mes de maio. Suporán a renovación completa deste vial, principal acceso dende o Ceao ao novo Polígono Industrial das Gándaras
A Concellería de Infraestruturas, que dirixe a nacionalista Paz Abraira, adxudicou hoxe as obras de renovación da segunda fase da rúa da Industria, un dos principais viais do Polígono do Ceao. A esta obra presentáronse un total de 39 empresas, segundo explicou hoxe Paz Abraira.

Tamén participaron as Concelleiras de Educación e Servizos Sociais que contestaron as cuestións elaboradas polos escolares.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Servizos Sociais, Ana González Abelleira, e a Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz participaron nun encontro de participación infantil organizado por UNICEF para conmemorar a semana dos Dereitos dos Nenos.
O Alcalde, José López Orozco, anunciou no acto de apertura da Noite Aberta que o Concello de Lugo vén de ser galardoado co Premio Nacional de Comercio Interior 2011 na súa modalidade de Concellos, que concede o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
A concesión deste premio foille comunicada hoxe ó Alcalde pola Directora Xeral de Comercio Interior. Este galardón recoñece o labor do Plan Urban na dinamización do comercio do Casco histórico de Lugo.

O ano 2012 dará comezo unha segunda edición do programa e que conta cun orzamento de 1.335.000 euros
O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Educación, Formación e Igualdade, Esther Muñóz, entregaron os diplomas de asistencia aos 105 participantes dos diferentes cursos de formación realizados dentro do proxecto Lugo Emprego Activo, que se desenvolvendo ao longo do ano.
A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Xuventude informa que dende o luns 19 se abre o prazo para matricularse nas actividades de Aulas Abertas deste Nadal. Estas desenvolveranse os días 26,27,28,29,30 de decembro e o 2,3,4, e 5 de xaneiro en horario de 09:00 horas a 14.00 horas. Esta actividade dirixida a nenos e nenas de 4 a 12 anos terá lugar nos centros de convivencia da A Milagrosa, do Sagrado Corazón, de Fingoi, de Lamas de Prado, no María Balteira e no Uxío Novoneyra.
Mañá venres 16 de decembro a partires das 20:00 horas vai ter lugar a segunda edición da Noite Aberta, unha actividade que pretende darlle un impulso ao comercio de Lugo e que organiza a Asociación de Autónomas, Empresarias e Profesionais de Lugo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1347
- 1348
- 1349
- 1350
- 1351
- 1352
- 1353
- 1354
- 1355
- …
- seguinte ›
- última »