
A XVII edición do certame de debuxo “Educar para previr” tivo máis de 1.350 participantes
O xoves 22 de decembro entregáronse os premios da XVII edición do certame de debuxo “Educar para previr” no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra. O número de participantes foi de máis de 1.350 nenos e nenas de 15 colexios da capital lucense pero só houbo 12 gañadores.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, e o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, fixeron entrega dun álbum musical ós 33 grupos participantes do programa Xoves con Arte, que ten por obxectivo impulsar as novas bandas musicais da cidade ou que dispoñen de poucos recursos para promocionar os seus traballos.
A Concelleira de Economía, Sonia Méndez, informou hoxe da aprobación en Comisión dos Orzamentos do Concello de Lugo para 2012, que se achegan ós 92 millóns de euros. Este é o paso previo para a súa aprobación pola Corporación Municipal na sesión plenaria prevista para o día 28.

O Concello xa traballa na súa publicación no Boletín da Provincia que é único paso pendente para a súa entrada en vigor
O Concello de Lugo recibiu hoxe o visto e prace da Xunta de Galicia ó documento refundido do Plan Xeral de Ordenación Municipal, segundo informou o Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez.

O Concello de Lugo é o primeiro concello galego e o sexto de España no importe das axudas do Ministerio de Sanidade con cargo ó programa de prevención das drogodependencias con cargo ó Fondo de bens decomisados por tráfico de drogas. O Ministerio de Sanidade acordou financiar con 132.547 euros o programa Máis por ti (+XTÍ) que desenvolve o Concello de Lugo para a prevención das drogodependencias na mocidade. Por diante de Lugo só se sitúan os concellos de Madrid, Barcelona, León, Badaxoz e Lleida

O proxecto educativo estará dirixido polos músicos da Banda Municipal, que serán os encargados en impartir as clases de aprendizaxe de linguaxe musical e de instrumentos clásicos a nenos e nenas e tamén a persoas maiores
O tenente alcalde, o nacionalista Antón Bao, presentou hoxe os Orzamentos da área de Cultura para o vindeiro ano, que inclúen a creación dunha Sala de Arte Contemporáneo Lucense e a dinamización do Auditorio Gustavo Freire

Na iniciativa participan as principais tendas da cidade. Repartirán en total 100.000 pegatinas, tantas como habitantes ten Lugo
O obxectivo é reducir o consumo en iluminación pública urbana, que se sitúa en 1,1 millóns de euros ao ano
Nos últimos días comezaron a funcionar co novo alumeado varias zonas da cidade. A execución destas obras fíxose baixo os criterios de acadar unhas boas condicións de seguridade, que non existían, unha redución de potencia, e polo tanto tamén do consumo, e unha redución do número de lámpadas de vapor de mercurio.
No Consello Local de Servizos Sociais tamén se falou da redución, de ata un 74%, das axudas por parte da Xunta de Galicia en materia de benestar
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, e a Concelleira de Servizos Sociais, Ana González Abelleira, presidiron o Consello Local de Servizos Sociais que se celebrou hoxe e no que se deu conta das actuacións levadas a cabo ao longo do ano en servizos sociais.

A concelleira de Infraestruturas, Paz Abraira, destacou que “o día de hoxe significa a posta en marcha definitiva do Polígono das Gándaras” e reclamou á Xunta de Galiza “incentivos para que as empresas se instalen en Lugo”
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1345
- 1346
- 1347
- 1348
- 1349
- 1350
- 1351
- 1352
- 1353
- …
- seguinte ›
- última »