
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado de membros da corporación, visitaron o trofeo da Copa Davis de Tenis que durante o día de hoxe se pode ver no Círculo das Artes.
López Orozco explicou que “sería moi interesante para Lugo que algún dos partidos de clasificación que se disputan deste torneo se xogase na nosa cidade que conta cunha importante afición a este deporte.”

A oficina conta cun punto de información catastral para darlle máis facilidades ós contribuíntes e mellorase a privacidade na atención
O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, visitaron hoxe a nova oficina do servizo da recadación executiva, situada na Ronda da Muralla, número 7.

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, acompañado polo Presidente do Club Fluvial, Eduardo Núñez Torrón, presentou hoxe a XVII edición da proba San Silvestre, que terá lugar o vindeiro día 31.

A Concelleira de Educación, Esther Muñoz, o Xefe provincial de Tráfico, Gonzalo León, e o Director de Parque Infantil de Tráfico do Concello, José Reigosa, presentaron hoxe o material que vén de ceder ó Concello a Dirección Xeral de Tráfico.
A Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, vén de conceder axudas a 62 deportistas individuais. 34 homes e 28 mulleres recibirán estas subvencións do Concello que teñen un importe total de 25.000 euros.
O Concello de Lugo adicará o ano que vén 149.000 euros a subvencionar o alugueiro de vivendas, segundo informou a Concelleira de Servizos Sociais, Ana González Abelleira, logo da reunión que celebraron hoxe as comisións encargadas da avaliación dos programas de axudas para o alugamento e para mellora da accesibilidade e habitabilidade de vivendas de persoas dependentes.
O servizo de préstamo de bicicletas que ofrece o Concello suspéndese temporalmente, segundo anunciou hoxe o Alcalde, José López Orozco.
A decisión de interromper temporalmente este servizo tómase neste momento porque esta é a época do ano na que as bicicletas son menos utilizadas e está previsto que para a primavera se reanude o préstamo das bicicletas.

O primeiro esquerda sofre danos estruturais e as outras nove vivendas tardarán uns días en ser habitables
O Alcalde reuniuse hoxe cos veciños desaloxados polo incendio
López Orozco felicitou ós bombeiros, ás policías local e nacional e a protección civil polo seu labor no incendio más grave ocorrido en Lugo nos últimos anos

A Concellería de Economía informa a todos os contribuíntes de que os servizos de recadación executiva, xestión de multas de tráfico, catastro e inspección serán prestados, a partires do 29 de decembro de 2011, nas novas instalacións ubicadas na Ronda da Muralla número 7 (fronte a Mosquera da Muralla).
O horario de atención ó público é o seguinte:
Luns a Xoves de 8:30h a 18:00h.
Venres de 8:30h a 14:30h.
Teléfono: 982-25-52-81.
O tenente alcalde, Antón Bao, agradeceu a “ilusión” que puxeron nas súas cartas os nenos e nesas participantes
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1344
- 1345
- 1346
- 1347
- 1348
- 1349
- 1350
- 1351
- 1352
- …
- seguinte ›
- última »