O Alcalde, José López Orozco, anunciou que recibiu as felicitacións da Asociación Española para a Xerencia de los Centros Urbanos (AGECU), polo Premio Nacional de Comercio Interior 2011, que o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, outorgou ao Concello de Lugo, no mes de decembro, polo traballo realizado a través do Plan Urban en materia de comercio na zona histórica.
A Movida Alternativa Xuvenil é programa de ocio alternativo que organiza o Concello e que se celebra os fins de semana na Casa da Música, a piscina das Pedreiras e o Polideportivo da Piringalla
Dende a Concellería de Benestar Social, Igualdade e Xuventude deron a coñecer a nova programación de actividades previstas para o vindeiro trimestre do programa MAX (Movida Alternativa Xuvenil), que dará comezo hoxe venres día 13 de xaneiro e rematará o 16 de xuño.

O Tenente Alcalde, Antón Bao, anuncia que o orzamento do San Froilán, que xa baixou en 45.000 euros no 2011, seguirá reducíndose ata os 695.000 euros neste ano “sen que iso vaia supoñer unha merma na calidade”.
Esta semana comezaron as obras para a instalación da nova sinalización turística da cidade de Lugo, que contou cun presuposto total de 75.000 euros, dedicados á elaboración do proxecto, á fabricación dos paneis e a creación de diferentes traballos audiovisuais que completarán estes soportes.

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, anunciou que a undécima edición do Arde Lucus, Festa de Interese Turístico de Galicia, vai ter lugar os días 22, 23 e 24, que cadra co último fin de semana de xuño.
Dende a Concellería de Deportes lémbrase o cambio de ubicación da próxima proba do Circuíto Corre con Nós. A Nocturna de Reis, que terá lugar o sábado día 14 de xaneiro, ás 19:00 horas, e que estaba prevista inicialmente no polígono de As Gándaras, trasládase ó seu antigo trazado do centro da cidade.


Na Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá aprobáronse as bases que rexerán no procedemento aberto de licitación para a creación de terrazas na praza de San Marcos, segundo informou a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez.

Que ledicia volver a estar aquí con vós! Para nós é sempre un pracer vir a Galiza, e máis aínda a Lugo, que ben se sabe que se come ben e sempre nos poñedes unhas boas tapas para nós e para os camelos. Seguide así, non perdades o costume.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1342
- 1343
- 1344
- 1345
- 1346
- 1347
- 1348
- 1349
- 1350
- …
- seguinte ›
- última »