
A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, presentou os talleres que se van a impartir nos institutos de Lugo durante os próximos meses con motivo do Día Europeo da Internet Segura. Este evento ten como obxectivo promover en todo o mundo o uso responsable e seguro das novas tecnoloxías, especialmente entre menores e mozos e mozas.

Mañá coñecerase a cidade gañadora do certame estatal Capital da Gastronomía 2012
O tenente alcalde, Antón Bao, destaca que a candidatura de Lugo conseguiu aunar ao sector e ás distintas administracións e anuncia que o Concello volverá presentarse o vindeiro ano a este galardón polas posibilidades de promoción exterior que ofrece

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, mantivo unha reunión con diferentes hostaleiros da cidade para comezar os preparativos de cara o Arde Lucus 2012, que terá lugar o 22, 23 e 24 de xuño. Nesta reunión na que participaron unha trintena de empresarios de todos os barrios de Lugo, chegouse ao acordo de dedicarlle todo o mes de xuño á gastronomía romana e castrexa.
A Concellería de Educación, Formación e Orientación Laboral abrirá o proceso de selección dos aspirantes ás 30 bolsas para facer prácticas en empresas de Florencia, Belfast e Hamburgo correspondentes ó programa europeo de formación Lugoqualitas 2.

O Centro de Artesanía e Deseño da Deputación vén de cederlle ó Concello, en calidade de depósito, un traxe rexional elaborado polos artesáns que integran o Obradoiro do Traxe Rexional ó Museo Interactivo de Historia de Lugo.

O Alcalde, José López Orozco, recibiu este mércores ó novo Delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, que efectuou esta tarde a súa primeira visita institucional ó Concello de Lugo.
López Orozco, acompañado polos voceiros dos grupos políticos municipais, recibiu ó Delegado do Goberno no despacho da Alcaldía.

A praza da Horta do Seminario acollerá unha espectacular exposición sobre a vida das cidades romanas
O Tenente de Alcalde e responsable da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Antón Bao, e o Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez, informaron dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local e na que se aprobaron numerosas licenzas de obras e asuntos de carácter ordinario.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu a visita de 40 alumnos de tres países diferentes que están coñecendo a cidade de Lugo da man do I.E.S Nosa Sra. dos Ollos Grandes. Os estudantes proveñen da cidade de Denain en Francia, da cidade de Ahaus en Alemaña e da cidade de Täby en Suecia, e forman parte do proxecto Comenius, programa educativo europeo que ten como obxecto reforzar a dimensión europea promovendo a mobilidade e a cooperación entre centros educativos.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1340
- 1341
- 1342
- 1343
- 1344
- 1345
- 1346
- 1347
- 1348
- …
- seguinte ›
- última »