
A responsable de Infraestruturas defendeu a necesidade dunha maior atención aos barrios periféricos por tratarse dos que máis carencias teñen

O Mercado de Entroido trasládase á Praza de Abastos para dinamizar este espazo e o pregón correrá a cargo de representantes da asociación que mantén viva a tradición do Oso de Salcedo

O Concello dálle un pulo á participación dos nenos e nenas de Lugo coa instalación de buzóns da infancia para que poidan deixar as súas suxerencias segundo anunciou a Concelleira de Servizos Sociais, Ana González Abelleira. Estes buzóns poderanse atopar nas ociotecas municipais do Centro Social Maruja Mallo, do Centro Social Uxío Noveneyra e da ocioteca do Parque da Milagrosa.

A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, presentou os talleres que se van a impartir nos institutos de Lugo durante os próximos meses con motivo do Día Europeo da Internet Segura. Este evento ten como obxectivo promover en todo o mundo o uso responsable e seguro das novas tecnoloxías, especialmente entre menores e mozos e mozas.

Mañá coñecerase a cidade gañadora do certame estatal Capital da Gastronomía 2012
O tenente alcalde, Antón Bao, destaca que a candidatura de Lugo conseguiu aunar ao sector e ás distintas administracións e anuncia que o Concello volverá presentarse o vindeiro ano a este galardón polas posibilidades de promoción exterior que ofrece

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, mantivo unha reunión con diferentes hostaleiros da cidade para comezar os preparativos de cara o Arde Lucus 2012, que terá lugar o 22, 23 e 24 de xuño. Nesta reunión na que participaron unha trintena de empresarios de todos os barrios de Lugo, chegouse ao acordo de dedicarlle todo o mes de xuño á gastronomía romana e castrexa.
A Concellería de Educación, Formación e Orientación Laboral abrirá o proceso de selección dos aspirantes ás 30 bolsas para facer prácticas en empresas de Florencia, Belfast e Hamburgo correspondentes ó programa europeo de formación Lugoqualitas 2.

O Centro de Artesanía e Deseño da Deputación vén de cederlle ó Concello, en calidade de depósito, un traxe rexional elaborado polos artesáns que integran o Obradoiro do Traxe Rexional ó Museo Interactivo de Historia de Lugo.

O Alcalde, José López Orozco, recibiu este mércores ó novo Delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, que efectuou esta tarde a súa primeira visita institucional ó Concello de Lugo.
López Orozco, acompañado polos voceiros dos grupos políticos municipais, recibiu ó Delegado do Goberno no despacho da Alcaldía.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1338
- 1339
- 1340
- 1341
- 1342
- 1343
- 1344
- 1345
- 1346
- …
- seguinte ›
- última »