
O encontro é aberto á participación de asociacións e de toda a cidadanía co obxectivo de retomar os traballos da Axenda 21 iniciados no ano 2007 cunha actualización dos obxectivos e unha diagnose actual da situación a día de hoxe

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, presentou esta mañá o programa de actos previstos para a celebración do Día Internacional das Mulleres e que se celebrarán ao longo de todo o mes de marzo e abril.

Francisco Fraga, Concelleiro de Servizos Xerais, e Sandra Fernández Carrera, técnico da Fundación Educación, Deporte e Saúde, presentaron unha xornada de divulgación e prevención da osteoporose que se vai celebrar os días 12 e 13 de marzo. Durante eses días, especialistas da Fundación, estarán facendo medición da densidade ósea mediante dispositivos especializados e informando aos asistentes sobre a súa situación persoal en canto a densidade ósea.
O próximo luns 5 de marzo remata o prazo para aqueles desempregados que se queiran inscribir nalgún dos cursos da nova edición do proxecto europeo de inserción sociolaboral Lugo Emprego Activo 2.

O Alcalde, José López Orozco, visitou esta mañá as novas instalacións da Oficina de Sancións da Policía Local que atende, dende hoxe, ós cidadáns nas dependencias da rúa Río Neira, 25, en horario de 9.00 a 14.00 horas.
Este fin de semana terá lugar a 5ª carreira do Circuíto Larsa Corre con Nós que ademais estrea circuíto, concretamente no barrio de San Fiz, onde se desenvolverán todas as probas. Os cortes de trafico afectarán en horario de 11:00 a 13:30 ás rúas:
Rúa Paseo dos Estudantes ( Saída e Meta ) diante da Escola de Artes Aplicadas.
Rúa das Artes
Rúa Fonte da Bica
Rúa Montirón

A Concelleira de Educación, Esther Muñóz, o xefe do Parque Móbil, José Reigosa, e a Coordinadora en Educación Vial de Tráfico, Sara Fuenseca, presentaron a primeira edición do curso de educación vial Primavera Segura que se celebrará entre o 9 de abril e o 18 de maio no Parque Infantil de Tráfico.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Zona Rural, Manuel Chaín, visitaron esta tarde a nova fonte, reconstruída polo Concello, na parroquia de Conturiz. Esta actuación da Concellería de Zona Rural produciuse para atender unha demanda veciñal que expuxeron os residentes na parroquia ao considerala moi necesaria.
Álvarez aclara que o Concello pagará o presupostado polo Edificio da Policía Local e de Protección Civil, que aínda non está recibido, e que actúa conforme á lei na reclamación que lle fan provedores á empresa adxudicataria
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1333
- 1334
- 1335
- 1336
- 1337
- 1338
- 1339
- 1340
- 1341
- …
- seguinte ›
- última »