
O cartaz gañador levará un premio de 2.000 euros e promocionará as festas de San Froilán 2012
Os participantes poden presentar as obras do 9 ao 30 de maio
e o gañador coñecerase o 20 de xuño
Tamén se convoca o certame para escoller o cartel anunciador
do San Froilán Miúdo 2012

A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, fixo unha visita ao CEIP Rosalía de Castro, onde hoxe se desenvolven os obradoiros do Día de Europa, que organiza o Espazo>Lab. Con motivo desta celebración, que terá lugar o 9 de maio, dende o Concello, programáronse unha serie de talleres nos centros educativos de primaria de Lugo.

Na reunión tratouse a posibilidade de que as Policías Locais poidan utilizar as instalacións da Escola de Policía Nacional para recibir formación e tamén se estudaron temas como a colaboración entre Policías Locais de Concellos lindeiros
A Comisión de Seguridade estudará as competencias impropias que desenvolven as Policías Locais por encargo da FEMP

Hoxe publícase no Boletín Oficial da Provincia o nomeamento do Xefe do corpo da Policía Local de Lugo, Manuel Méndez Novo, que tomará posesión nun acto que se celebrará este xoves 10 de maio. O nomeamento fíxose polo sistema de libre designación, de acordo cos principios de igualdade, mérito e capacidade, previa convocatoria pública na que podían participar funcionarios de carreira que teñan a máxima categoría no cadro de persoal do corpo de Policía Local de Lugo.

O programa, cun orzamento de 300.000 euros, suporá a contratación de 20 persoas en situación de desemprego
O Alcalde volveu reclamar hoxe que se cumpran os prazos previstos para executar o Plan Paradai e destacou a importancia de que “todos apoiemos que as obras se fagan no prazo que establece o convenio asinado coa Xunta”.

Este sábado, 5 de maio, celebrarase unha xornada de homenaxe ao Zeca Afonso no Salón de actos do IES Virxe dos Ollos Grandes

Dentro de tres semanas volverán manter unha reunión para facer un seguimento destas medidas postas en marcha
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1314
- 1315
- 1316
- 1317
- 1318
- 1319
- 1320
- 1321
- 1322
- …
- seguinte ›
- última »
