
A Xunta de Goberno Local acordou hoxe a ocupación efectiva do novo Edificio da Policía Local e de Protección Civil e dalle á empresa un prazo de dez días para resolver pequenos detalles pendentes como a limpeza dalgunhas das instalacións.

A Área de Cultura da Deputación e a Área de Infraestruturas e Axenda 21 do Concello de Lugo colaboraron para devolverlle a Albeiros un dos seus elementos identitarios

O xoves 24 celebrarase a primeira das mesas sobre ordenación sostible do Territorio
A Presidenta de El Progreso anuncia que haberá premios nas modalidades de ornato de fachadas e balcóns, escaparates, locais de hostalería e colexios
O Alcalde, José López Orozco, a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, e a Presidenta do Grupo El Progreso, Blanca García Montenegro, presentaron hoxe unha nova iniciativa que realzará este ano a celebración da festa do Arde Lucus.

A Escola Municipal de Música estará situada no Centro Social Uxío Novoneyra e contará cun total de 19 espazos acondicionados para o seu funcionamento

Segundo as últimas estatísticas, case 5.600 veciños de Lugo son inmigrantes
A Concelleira de Servizos Sociais, Ana González Abelleira, presentou hoxe os V Encontros das Culturas, organizados polo Concello e que terán lugar os días 24, 25 e 26 de maio.

O Alcalde, José López Orozco, recibiu hoxe a tres deportistas lucenses que gañaron outras tantas medallas de ouro no Campionato de España de kickboxing e que estiveron acompañados polo seu entrenador na visita ó Concello.

O Alcalde, José López Orozco, recibiu esta mañá un grupo de empresarios rusos que efectuaron unha visita ó Concello aproveitando a súa participación na Feira do Moble de Lugo.
Os empresarios, de Moscú e San Petesburgo, atópanse estes días en Lugo para participar na IV Feira do Moble que reúne, dende onte ata o domingo, a máis de corenta profesionais no Pazo de Feiras e Congresos
As dependencias administrativas do Concello de Lugo estarán pechadas ó público mañá, día 22 de maio, debido á celebración da festa de Santa Rita, patroa dos funcionarios da administración local.
Varios membros da Corporación Municipal participarán na cea de confraternización dos traballadores municipais que terá lugar a partir das 21.00 horas no restaurante A Palloza.

Adxudícaselle a obra de Rehabilitación da Ponte Romana a empresa Misturas S.A., por un importe de 688.048,56 € e un prazo de execución de 4 meses
Retirarase a estrutura metálica engadida nos anos 70, cambiarase o pavimento actual por pedra, mellorarase a iluminación e renovaranse todas as canalizacións de auga, luz, gas e telefonía que dan servizo ao barrio da Ponte
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1309
- 1310
- 1311
- 1312
- 1313
- 1314
- 1315
- 1316
- 1317
- …
- seguinte ›
- última »