
Os cidadáns poderán dende hoxe e ata finais de xullo facer propostas para a elaboración do programa das festas a través da páxina www.sanfroilan.info
O Foro da Sustentabilidade reunirase de novo o vindeiro día 28 para avaliar o documento e dar prioridade á súa posta en marcha

Máis información e reservas a través do teléfono do Concello 010
O Concello de Lugo, a través da Concellería de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, que dirixe Carmen Basadre, organiza unha serie de actividades de ocio e lecer para os meses de verán dirixidos aos máis novos a través do programa +Xti Verán 2012.
O IV Torneo Arde Lucus de Hockey celebrarase esta fin de semana no Polideportivo municipal de A Piringalla, segundo informa a Concellería de Deportes, que colabora co Lóstregos Hockey Lugo na organización desta competición deportiva.
No Torneo participarán sete equipos divididos en dous grupos. O grupo A estará composto polo Lóstregos, Gavda-Vicvs, Sesy Time e Iuven Gavda LTG e o grupo B vai estar formado polo Cavxos, CD Svmendi, Beer Team e Fénix.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, asistiron esta mañá a posta en marcha dun novo espazo no CEI-Nodus, unha sala coworking ou sala de colaboración empresarial. Este centro proporcionará un escritorio individual, acceso a Internet e outros servizos compartidos como wifi, material de oficina, equipos de impresión, sala de reunións, biblioteca e sala de ocio ou asesoramento técnico.

Sonia Méndez lémbralle á Xunta que mañá acaba o prazo para o pago voluntario do IBI e advirte de que, se non pagan a tempo, o IGVS e o Sergas aumentarán considerablemente a débeda que xa teñen contraida co Concello
Para Méndez é triste que unha administración que alardea de solvencia sexa quen máis impostos deixa sen pagar en Lugo

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou este martes nunha xuntanza que celebrou a Comisión Executiva do Eixo Atlántico para tratar sobre o mapa de infraestruturas do ferrocarril. A reunión celebrouse no Pazo de Congresos de Barcelos (Portugal).
Na xuntanza de hoxe acordouse facer un estudo sobre a importancia do enlace ferroviario Vigo-Tui-Oporto e tamén se abordou a rede ferroviaria de transporte europeo.

Esta campaña de promoción da lingua foi promovida en colaboración coa Asociación de Ximnasios de Lugo e nela participaron máis de 450 nenos e nenas

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e Luis Gregorio Ramos Misioné, en representación do Club Fluvial, presentaron os cursos de piragüismo organizados polo Concello de Lugo e a entidade lucense que permitirá aos rapaces e rapazas de a partir de 10 anos iniciarse neste deporte tan arraigado na cidade.

O Alcalde, José López Orozco, asinou hoxe un convenio coa Consellería do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, para mellorar o camiño da estrada da Fonsagrada a Barbaín. Ó acto, que tivo lugar na Delegación territorial da Xunta, tamén asistiu ó Concelleiro de Zona Rural, Manuel Chaín.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1301
- 1302
- 1303
- 1304
- 1305
- 1306
- 1307
- 1308
- 1309
- …
- seguinte ›
- última »