
Paz Abraira cualificou os Vellos Oficios Vivos “como un exemplo de oportunidade económica sostible nestes tempos de crise”

A edil de Infraestruturas e Axenda 21 con concello de Lugo, a nacionalista Paz Abraira, visitou hoxe as obras para mellorar a accesibilidade das rúas e beirarrúas do Concello. A área de Infraestruturas acometeu estas obras no Concello de Lugo mediante convenio plurianual asinado co IMSERSO e coa Fundación ONCE. O orzamento total para estes traballos foi de 115.000 €. A maiores das obras previstas dentro do convenio a Concellería de Infraestruturas e Axenda 21 abordou unha serie de actuacións complementarias valoradas en 9.200 €.

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, que dirixe Carmen Basadre, organiza hoxe e mañá novas actividades que se inclúen no programa +XTÍ de prevención de drogas, subvencionado polo Concello de Lugo e o Plan Nacional sobre drogas.
O Concello organiza este verán cursos de inglés falado para os nenos da zona rural.
O Concelleiro de Servizos Xerais, Francisco Fraga, presentou hoxe os cursos "Aprende e disfruta co inglés" que se van impartir en dez telecentros da zona rural aproveitando os medios informáticos cos que están dotados.
O Concello pedira este ano fondos para contratar 54 parados e só recibiu 77.324 euros para contratos a tempo parcial de 11 desempregados
O Concello de Lugo denunciou hoxe o reparto que fixo a Xunta de Galicia dos fondos con que están dotados os Programas de cooperación para que os concellos galegos contraten desempregados.

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a contratación de mobiliario urbano para instalar no tramo peonil da Ronda da Muralla, e de dous vehículos para o Parque Móbil, un vehículo destinado á Policía Local e un camión para asfaltado de vías.
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, e o Vicepresidente da Asociación de Panadeiros, Cesar Fieiras, entregaron hoxe os diplomas ós alumnos do curso de panadería e bolería.
O curso foi organizado polo Concello con financiamento do Plan nacional de drogas e contou coa colaboración da Asociación de Panadeiros de Lugo así como do IES Sanxillao.
A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Xuventude comunica o novo horario de apertura da Casa da Xuventude que se manterá durante o verán.
De luns a xoves o horario da Casa da Xuventude será de 10.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 21.30 horas. Os venres abrirá só pola mañá, de 10.00 a 14.00 horas. As fins de semana permanecerá pechada, agás cando haxa actividades da Concellería.
Carmen Basadre destaca que o apoio ó deporte feminino é un dos obxectivos do III Plan de Igualdade do Concello de Lugo
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, acompañada por Noemí Bello, Presidenta da Asociación de Mulleres Árbitras e Secretaria da Federación Galega de Árbitros de Fútbol Sala, e a Pilar Edrosa, Secretaria de AMA, presentaron hoxe un curso de arbitraxe para mulleres.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1297
- 1298
- 1299
- 1300
- 1301
- 1302
- 1303
- 1304
- 1305
- …
- seguinte ›
- última »