O Concello de Lugo recibirá unha indemnización de 24.352,32 euros do Goberno de España que acaba de estimar a solicitude de indemnización patrimonial feita pola Administración local.
O dereito a percibir esta indemnización, que fora reclamada polo Concello, foille comunicada ó Alcalde, José López Orozco, polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, acompañou ó Concelleiro de Festas de Astorga, César Núñez, e ó Presidente da Asociación de Astures e Romanos, Rubén Martínez, na presentación da festa de recreación histórica “Astures y Romanos”.
A Concelleira de Economía anuncia un proxecto pioneiro para dinamizar a Praza de Abastos e o Mercado Quiroga Ballesteros que se financiará con fondos do Plan Urban

O Festival Internacional de Percusión que chega a Lugo forma parte dunha rede de cidades de Galiza e Aragón
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Servizos Sociais, Ana González Abelleira, recibiron hoxe no Concello ós nenos saharauis que están a pasar o verán con familias de Lugo.
O Alcalde interesouse polas condicións de vida dos cativos nos campamentos de refuxiados saharauis e tamén falou con eles sobre a súa estadía entre nós.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, comparte a preocupación dos sindicatos agrarios pola grave situación que atravesan os gandeiros polos baixos prezos do leite.
O Alcalde de Lugo expresou o seu apoio ás reclamacións dos sindicatos agrarios que denuncian a grave situación dun sector que ten especial importancia para a economía da nosa provincia, xa que Lugo produce o 40% do leite de Galicia e a produción da Comunidade Autónoma galega representa o 30% do total de España.

Os docentes da Escola Municipal de Música ofreceron un concerto didáctico dirixido a nenos e nenas que nestes días participan en campamentos urbanos na cidade de Lugo. A Escola Municipal de Música de Lugo inicia a súa actividade de difusión con este concerto didáctico dirixido a nenos e nenas que participan en diversos campamentos urbanos. O concerto celebrouse con dous pases no salón de actos do Centro Social Uxío Novoneyra.
O Telecentro do Castiñeiro ten programados para o vindeiro mes de setembro seis novos cursos de informática, segundo informa a Concellería de Servizos Xerais.
Os cursos previstos son de informática, informática avanzada, internet, internet avanzado, open office e redes sociais e terán lugar en horarios de luns a venres en horarios de mañá e tarde.
O concurso de talentos “Ti si que chanas” (Ti si que vales, na lingua caló) rematará mañá coa elección dos tres gañadores que se elixirán entre os oito finalistas que van actuar na gala.
A Concelleira de Servizos Sociais, Ana González Abelleira, asistirá á gala final que terá lugar no Centro de convivencia de Fingoi a partir das 16.30 horas.
O Concelleiro de Servizos Xerais e Modernización Administrativa, Francisco Fraga, informou hoxe de que a poboación de Lugo segue en aumento e xa nos achegamos ó obxectivo dos 100.000 habitantes, cifra que supón, coa actual lexislación, máis concelleiros e máis participación nos ingresos do Estado.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1294
- 1295
- 1296
- 1297
- 1298
- 1299
- 1300
- 1301
- 1302
- …
- seguinte ›
- última »