O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu a visita dun nutrido grupo de representantes da Igrexa Evanxélica, que este fin de semana celebran unha concentración xuvenil. Con motivo desta xuntanza, recollida baixo o nome de Implícate 2012, preto de 6.000 mozos e mozas de toda España pasaran este fin de semana en Lugo para dar a coñecer a súa visión da actualidade e a súa misión evanxélica.

Ampliáronse as beirarrúas que dan acceso aos colexios das Gándaras e Illa Verde, renovaranse as canalizacións e o firme das rúas Río Oribio e Xoán Rico Pérez e remodelarase o entorno da Fonte da Pinguela e a Porta Miñá
Luís Álvarez informou dos asuntos acordados na XGL destacando a construción dunha nova nave no parque empresarial das Gándaras

Esta mañá tivo lugar a reunión de Xunta Local de Seguridade para comezar a deseñar os preparativos de cara as festas do San Froilán. O acto estivo presidido polo Alcalde, José López Orozco e o Subdelegado de Goberno, Ramón Carballo, ademais de contar co responsable da área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Antón Bao e diversos membros dos corpos de seguridade que participan no mesmo.

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, entregou este mércores os diplomas e certificados de asistencia ós 84 alumnos participantes nos distintos cursos do programa Movida Alternativa Xuvenil que se impartiron na Casa da Xuventude.
Dentro deste programa impartíronse nos últimos meses cinco cursos, tres deles de idiomas, un de fotografía e outro para aprender a falar en público.

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, inaugurou esta tarde unha exposición de fotografías nocturnas de Lugo, na que se amosan os traballos feitos por alumnos dun curso realizado este verán na Casa da Xuventude.
A mostra quedou instalada dende hoxe ata o día 3 de outubro no espazo expositivo da Casa da Xuventude.
Haberá premios para os mellores traxes antigos e modernos, para agrupacións e traxes infantís e todas as persoas que veñan vestidas co traxe galego o Domingo das Mozas poderán levar unha foto de recordo para a súa casa e recibirán un agasallo
O cantante Zenet actuará o martes 10 na Praza de Santa María e o sábado 6 farao o grupo canario Los Gofiones
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu a visita dun grupo de 60 voluntarios da Asociación Española Contra o Cancro de Teruel, que se atopan de visita na cidade durante esta semana. No acto tamén estivo, María Concepción de Martín Varela, presidenta da Asociación Española Contra o Cancro de Lugo.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomas, Sonia Méndez, mantiveron unha reunión cunha representación da Asociación de Executivas de Galicia e na que puideron coñecer a labor desta entidade formada por mulleres executivas e emprendedoras de todo Galicia.
O 'Zumbanocoiro', organizado pola asociación de recuperación da música tradicional A Volta do Agro, contará o venres 5 coas actuacións de As Lagharteiras e Tiruleque
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1285
- 1286
- 1287
- 1288
- 1289
- 1290
- 1291
- 1292
- 1293
- …
- seguinte ›
- última »