O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, presidiron o acto de celebración desta mañá para conmemorar o Día Mundial dos Maiores e que, como cada ano, homenaxea a aquelas persoas de máis de 100 anos e aos matrimonios que levan máis de 50 anos casados.

Outras dúas exposicións organizadas pola Área de Cultura do Concello de Lugo abren as súas portas nos días previos do San Froilán

A cidade conta cunha extraordinaria canteira de formacións de todos os estilos e tendencias musicais

Pepe Carreiro, creador de “Os Bolechas” asina o conto ilustrado da historia da feira dirixido aos máis pequenos

A gala solidaria pecha o programa a noite do mércores no Auditorio Gustavo Freire e os cartos recadados irán destinados á organización do FestiClown Palestina 2013
Diante do auto xudicial que obriga a reducir os niveis de ruído do feiral, o tenente alcalde nacionalista anuncia que se adoptarán “todas as medidas para que se cumpra” pero propón facer unha consulta popular na que todos os lugueses e luguesas se pronuncien sobre as súas festas
Presentada outra das novidades das festas deste ano: unha obra de teatro que se estreará o día 11 na praza de Santa María sobre a vida de San Froilán
A Concellería de Deportes anunciou que mañá martes 2 de outubro todos aqueles afeccionados ao fútbol poderán achegarse ao Concello para ver a Copa do Mundo ganada o 11 de xullo de 2010 e as Copas de Europa ganadas no 2008 e en xuño de 2012 pola Selección de Fútbol Española. O horario de visita ininterrompido será entre as 11:00 e as 19:30 horas.

O Alcalde, José López Orozco presentou hoxe o Plan de mobilidade que funcionará durante as festas de San Froilán.

As verbenas correrán a cargo das orquestras Panorama, Los Satélites, Ipanema, Poceiro, Costa Dorada, Tango, D’Moda, Claxon, Breixa Band, Solara e Ledicia

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu a visita de presentación do novo Xeneral Xefe da Garda Civil en Galicia, José María Feliz Cadenas, que tomou posesión do cargo hai uns meses. No acto, no que tamén estiveron os portavoces dos grupos municipais, tamén estivo presente o Tenente Coronel e Xefe da Garda Civil en Lugo, Gonzalo Borrás.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1282
- 1283
- 1284
- 1285
- 1286
- 1287
- 1288
- 1289
- 1290
- …
- seguinte ›
- última »