O Alcalde, José López Orozco, amosou hoxe a súa preocupación polo posible retraso na chegada a Lugo do tren de Alta Velocidade e anunciou que lle acaba de enviar unha carta á Ministra de Fomento, Ana Pastor, para que lle aclare as intencións do Goberno respecto da planificación e financiamento da conexión de Lugo por ferrocarril de Alta Velocidade.
A Escola Municipal de Música, que comezará a funcionar antes de que remate este mes de outubro no Centro Social Uxío Novoneyra, recibíu un aluvión de solicitudes. O tenente alcalde e responsable de Cultura, no nacionalista Antón Bao, mostrouse hoxe “moi satisfeito” pola posta en marcha desta iniciativa.
A Concelleira de Deportes informa que o mañá venres 12 e sábado 13 de outubro terá lugar no Pavillón Municipal da Piringalla Daniel Cordido Castro a XV Torneo Cidade de Lugo que se celebra con motivo do San Froilán 2012. Nesta edición, participan participan equipos de Galicia, Euskadi, Castela e Léon e Madrid.
O próximo luns 15 e martes 16 de outubro, vaise celebrar o curso de Deseño e Realización de campañas de mobilidade sostible que organiza a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), o Concello de Lugo, o centro de información europea Europe Direct, e o Grupo Gea 21 S.L., que é o encargado da coordinación do programa Transport Learning en España.
ACORDO DO FORO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ EN MATERIA DE IGUALDADE DO CONCELLO DE LUGO ADOPTADO NA SÚA SESIÓN DO 4 DE OUTUBRO DE 2012
O programa inclúe seis concertos para este xoves e continúan as actividades de animación na rúa e o San Froilán Miúdo
Este xoves celébrase o Día dos Maiores do San Froilán cunha completa axenda de actividades na que a música é a gran protagonista, pois están programados ata seis concertos, ademais das actuacións na rúa e da tradicional verbena nocturna na Praza Maior.

A colección do San Froilán dos devanceiros suma un novo título coa publicación de Barriga Verde, Manuel María e o San Froilán escrito por José Luís Calvo. Esta tarde tivo lugar a súa presentación oficial, nun concorrido acto conducido polo Tenente-Alcalde, Antón Bao, e o escritor Darío Xohán Cabana, en ausencia do autor que vive na actualidade na provincia de Toledo e por motivos profesionais non puido acudir á cita.
Os fondos do Plan Urban facilitan o investimento para un proxecto que axudaría a dinamizar os negocios da Praza de Abastos
O Concello estuda a posibilidade de conectar a Praza de Abastos co aparcamento soterrado de Santo Domingo.
A Concelleira de Economía, Sonia Méndez, anunciou hoxe a contratación dun estudo arqueolóxico para determinar que restos hai na zona e ver se é posible facelos visibles coa creación dun pasadizo que comunique a Praza e o parking.

A maxia, o San Froilán Miúdo e a animación na rúa continúan este mércores de San Froilán
Los Nietos e Zenet, que actúan na Praza de Santa María, protagonizan o programa musical da xornada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Tenente de Alcalde e responsable da área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Antón Bao, acompañado por membros da corporación municipal recibiron a unha delegación do Concello de Ferrol encabezada polo seu Alcalde, José Manuel Rey Varela.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1279
- 1280
- 1281
- 1282
- 1283
- 1284
- 1285
- 1286
- 1287
- …
- seguinte ›
- última »