O Alcalde, José López Orozco e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío abriron o IV Rali Cidade de Lugo ás 10 da mañá, cando o Alcalde deu o “bandeirazo” de saída ao primeiro participante. A carreira a organizan en colaboración o Concello de Lugo, a Asociación Lucense de Automóbiles Antiguos e Clásicos e os Concellos de Meira e Rábade. Esta proba, que se celebra por cuarto ano consecutivo, desenvolverase ao longo da xornada por estradas de Lugo, Meira e Rábade.
Esta mañana ha quedado instalada la pista azul de la LNFS sobre la que se disputará la Copa de España de fútbol sala “Lugo 2007” que dará comienzo el jueves 15 de marzo. El Pazo dos Deportes de Lugo vestirá sus mejores galas para acoger la Copa en el año que llega a su mayoría de edad ya que esta campaña el torneo copero cumple su 18ª edición.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou esta mañá o VIII Torneo de Prebenxamíns de Fútbol Sala “Escuela Terra”, que terá lugar entre os días 5 de maio e 9 de xuño nas instalacións do Centro Deportivo Terra. O edil estivo acompañado polo Xerente Adxunto de Transportes Azkar en Lugo, Oriol Gonzalvo, o Xerente do Azkar Lugo FS, Óscar Hermida, e o coordinador do torneo, Diego Ríos.
Esta competición que acada xa a súa oitava edición, está organizada polo Azkar Lugo FS e conta coa colaboración do Concello de Lugo.
A Concellería de Deportes abre o prazo de inscrición para os cursos de verán de tiro con arco dirixidos a rapaces de 8 a 15 anos e a maiores de 16 anos. O prazo permanecerá aberto desde este martes, día 19, ata o 26 de xuño. As solicitudes poderán formalizarse na Piscina Municipal de Frigsa.
As clases desenvolveranse ao longo dos meses de xullo e agosto no CEIP de As Gándaras e establécense dous niveis de formación, un de iniciación e outro de perfeccionamento.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e o Delegado da Consellería de Educación, José Rábade Arias, visitaron as obras de acondicionamento e reforma das pistas de atletismo da Cidade da Cultura, situadas xunto ao edificio dos xulgados lucenses.
Estas pistas levaban máis de doce anos esperando por estas obras de mellora, as cales suporán dotar á cidade de novas infraestruturas para a práctica do atletismo de primeira categoría. As reformas están a ser acometidas pola Consellería de Educación e contan cun orzamento de 1.300.000 euros.
O Concello, en colaboración co Club Boxing Cidade de Lugo, organiza unha velada de boxeo que se celebrará este martes 1 de maio no patio do Colexio do Sagrado Corazón.
Os amantes deste deporte poderán asistir ao espectáculo dos seis combates que comezarán a partir das 18:00 horas. A entrada é gratuíta.
O Concelleiro de Deportes en funcións, José Manuel Díaz Grandío, presentou xunto ao Xefe Provincial de Deportes, Eduardo Fernández Abel, e ao Delegado da Federación Galega de Balonmán, Alfonso Darriba, o IV Torneo de Seleccións Provinciais Infantil Masculino, Femenino e Alevín Mixto de Galicia.
O torneo terá lugar este sábado, día 16 de xuño, entre as 10:30 e as 19:30 horas. Os encontros entre as seleccións de alevín mixto das catro provincias galegas disputaranse no Polideportivo do Palomar.
El Alcalde de Lugo, José López Orozco, participó ayer, jueves, como ponente en la cuarta conferencias del ciclo de charlas organizadas con motivo de la celebración de la Copa de España “Lugo 2007”, que desde el pasado mes de octubre se realizan para tratar todo tipo de temas relacionados con el deporte y con el fútbol sala en particular.
La jornada de ayer se fundamentó en El Deporte en Lugo.
O novo polideportivo do parque da Milagrosa, situado na avenida Duquesa de Lugo, acolle este domingo pola tarde o Campionato Galego Infantil de Wu Shu, patrocinado pola Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío.
Serán máis de 150 deportistas do departamento de Wu Shu dependente da Federación Galega de Iudo os que participarán nesta competición, que se desenvolverá de catro a sete da tarde.
Haberá unha competición para maiores de 14 anos con licencia en vigor polo club co que participar.
Establecéronse varias modalidades: formas individuais, por equ
Mañá, sábado, celebrase a tradicional carreira noctura de reis na praza Ramón Ferreiro de Lugo, a que supón a terceira carreira do circuíto Corre con Nós desta edición 2006/2007.
Estas carreiras son unha das convocatorias deportivas máis importantes de Lugo, cun renome nacional e cunha estrutura que está a ser copiada por outras competicións do territorio español. Están organizadas polo Concello de Lugo e patrocinadas por As Termas e Begano Coca Cola.
Son, como sempre, unha carreira por mes e se establen catro categorías para pequenos e dez para adultos.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 185
- 186
- 187
- 188
- 189
- 190
- 191
- 192
- 193
- seguinte ›
- última »