
Actividades culturais, deportivas e de ocio compoñen o programa da USC e o Concello para dar a benvida ao novo estudantado do Campus Terra lucense.

A acaldesa anunciou hoxe que durante a execución dos traballos de peonalización que o Concello leva a cabo na rúa Quiroga Ballesteros foron achadas dúas lápidas funerarias de orixe romana.

O Goberno de Lara Méndez achegará, neste curso, múltiples propostas socioculturais para diversificar e aproveitar, dun xeito entretido e saudable, o tempo de lecer de toda a poboación, especialmente, da maior de 60 anos.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, destacou esta mañá na presentación da XXXVII Copa Galicia de Baloncesto a extraordinaria concentración de talento deportivo que atesoura a cidade. A rexedora mostrou a súa satisfacción por que Lugo sexa de novo sede da máxima competición do baloncesto galego.

O Caudal Fest inicia a conta atrás para a celebración da súa quinta edición, a máis multitudinaria ata a data, coa previsión de acoller a máis de 35.000 persoas durante este venres e sábado.

O Tenente de Alcaldesa, Rubén Arroxo, confirmou a volta do espectáculo O San Froilán sorrí, un espazo que este ano celebra a súa segunda edición e que achegará á praza da Mosqueira a tres monologuistas galegos referentes a nivel estatal e internacional.

Cristina López, concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, anunciou a volta das visitas teatralizadas ao Cemiterio Municipal a cargo de Achádego Teatro, “unha actividade que goza en cada edición dunha gran participación por parte das veciñas e veciños, que

Rubén Arroxo deu a coñecer novas confirmacións para o San Froilán 2023.

O Concello de Lugo facilitará autobuses gratuitos cada 15 minutos dende o centro da cidade ata o recinto do Caudal Fest, situado na contorna fluvial do río Miño, tanto de ida como de volta, para que os asistentes acudan de forma máis cómoda e segura, como ben sendo habitual dende a primeira edici

Rubén Arroxo, tenente de Alcaldesa do Concello de Lugo, presentou a sexta edición do Ciclo Galego de Teatro Amador, organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado en colaboración coa área de Cultura do Concello de Lugo e coa consellería de Cultura.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 65
- 66
- 67
- 68
- 69
- 70
- 71
- 72
- 73
- …
- seguinte ›
- última »