O prazo para inscribirse no curso de Maxia e os dous de Linguaxe de signos remata este mércores, ás 20:30 horas. Os interesados en matricularse deberán formalizar a súa solicitude na Oficina de Información a Xuventude, situada no 3º andar do Centro Social Uxío Novoneyra ou na Casa da Música.
Estes tres cursos estrean a nova faceta de formación da Casa da Música que cumpre o cometido de servir de espazo de aprendizaxe para a mocidade lucense.
A Concelleira de Xuventude, Carmen Basadre, presentou o cartel dos grupos que actuarán na primeira xornada do II Muralla, Rock y Motos que terá lugar o 14 de setembro na zona dos Robles do paseo do Miño. Nesta ocasión o Concello de Lugo contará coa colaboración da Excelentísima Diputación Provincial na cesión do espacio da súa celebración e que terá unha zona de acampar, unha de motos e outra para os concertos.
A Concelleira anunciou que nesta ocasión “tratamos de retomar o rock e o heavy da primeira edición do festival, xa que en Lugo hai moita afición por estes estilos musicais”.
A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, presentou unha nova edición de Xoves con Arte que organiza por segundo ano consecutivo a súa Concellería. Os monólogos abren esta edición, que se prolongará dende febreiro ata o mes de xuño.
O programa Xoves con Arte busca ofrecer actividades culturais e de entretemento á mocidade lucense. Os distintos actos programados desenvolveranse os primeiros xoves de cada mes dende febreiro a xuño. A primeira cita terá lugar o vindeiro xoves, día 1 de febreiro, ás 21 horas no salón de actos da Facultade de Veterinaria.
O vindeiro martes 14 de agosto remata o prazo para a inscripción dos grupos de música que queiran participar no Muralla, Rock y motos organizado pola Concellería de Xuventude. Os interesados aínda poden apuntarse na Casa da Música, na web municipal e no 010.
Os horarios para inscribirse na Casa da Música, situada no Parque da Milagrosa, é: os luns das 18:00 ás 21:00 horas; martes, mércores e xoves de 18:00 a 23:00; venres e sábados de 16:00 a 23:00 e os domingos das 18:00 ás 24:00 horas.
A edición do festival deste ano celebrarase a fin de semana do 14 e 15 de setembro.
O prazo para inscribirse nos cursos de Monitor de Tempo Libre e Director de Tempo Libre, que remataba mañá, amplíase ata o 27 de febreiro para cubrir as derradeiras prazas. Os interesados en matricularse deberán formalizar a súa solicitude na Oficina de Información Xuvenil (OIX), situada no 3º andar do Centro Social uxío Novoneyra.
Estes cursos teñen unha duración de 350 horas (200 teóricas e 150 prácticas) e as clases impartiranse na Escola de Tempo Libre, na rúa Monte Picato. O curso de Monitor de Tempo Libre ofértase en dous horarios distintos: fin de semana ou de luns a xoves.
As Concelleiras de Xuventude, Carmen Basadre, e Emprego, Sonia Méndez, presentaron o proxecto de formación europea para a cualificación da xuventude lucense promovido polo Concello de Lugo: lugoqualitas.
Trátase dun proxecto que ten un orzamento de 87.900 euros dos cales 69.910, serán subvencionados polo programa Leonardo da Vinci.
Está dirixido a mozas e mozos titulados de formación profesional e a técnicos universitarios, tendo especial valoración o colectivo feminino, que viaxarán ata Italia, Reino Unido e Polonia onde recibirán formación e farán prácticas en empresas deses pa
É a primeira vez que a Concellería ofrece un abano tan amplo de formación.
A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, presentou varios cursos formativos que ofrecen diferentes saídas no mercado de traballo e que completan os de tipo musical presentados hai poucos días. Algúns cursos repiten temáticas abordadas en anteriores edicións que tiveron moita demanda entre a xuventude lucense. É o caso dos Cursos de Monitores de Tempo Libre ou de Linguaxe de Signos. Outros son pioneiros na cidade, como o Curso de Maxia.
O prazo de inscrición comeza o 22 de xaneiro.
Son moitos os grupos musicais lucenses que dende a apertura da “Casa da Música”, en setembro do 2006, pasaron polos seus locais de ensaio. Un total de 48 conxuntos encóntranse inscritos no “Censo de grupos musicais” da Concellería de Xuventude, requisito obrigado para poder disfrutar das instalacións do centro.
Todos os ritmos teñen cabida na Casa da Música e son unha boa mostra da variedade musical da cidade. Nos últimos dez meses ensairaron nela grupos de Pop-Rock, Hip-Hop, Latin Jazz, Heavy Metal, música electrónica ou experimental.
A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, presentou tres cursos de instrumentos musicais que se van celebrar na Casa da Música a partir do mes de febreiro. Deste xeito, a Casa da Música estrea unha nova faceta ao acoller accións formativas que completan a oferta de locais de ensaios e de concertos.
O programa de cursos "Casa da Música 2007" comprende tres cursos gratuítos destinados a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 12 e os 30 anos e darán comezo a principios de febreiro. Cada un dos cursos conta con quince prazas e está especializado nun instrumento musical.
A Casa da Música continúa cos seus obradoiros de confección de traxes para a festa do Arde Lucus, que este ano chega á súa sexta edición, e que se celebrará a fin de semana do 8 ao 10 de xuño. Como en anos anteriores, os obradoiros están organizados pola Concellería de Xuventude, que dirixe Rosana Rielo.
Dende o luns o harario amplíase de luns a venres entre as sete e as nove. O sábados manterase o horario de once e media a unha e media.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 500
- 501
- 502
- 503
- 504
- 505
- 506
- 507
- 508
- seguinte ›
- última »