En caso de que o tempo non o permita, o mesmo concerto interpretarase no UXÍO NOVONEYRA, á mesma hora.
PROGRAMA
lª PARTE
KROUGER (Pasodoble) LAPORTA
EN UN MERCADO PERSA (Intermedio) A. KETÉLBEY
ROMAXE ENlNASEIRO (Rapsodia Galega) 1. DOMINGUEZ
2ª PARTE
ANTAS DE ULLA (Pasodobre) R. TALENS
THE PINK PANTHER THEME. H. MANCINI
LUISA FERNANDA (Selección) MORENO TORROBA
SANGUE DE ARTISTA (Pasodobre) TEXIDOR
O Salón de Plenos do Concello de Lugo acolleu hoxe o acto de entrega dos distintivos e diplomas do Plan de Calidade Turística a 44 establecementos e servizos do Concello.
Neste acto participaron os membros da Comisión de Seguimento do Plan de Excelencia Turística de Lugo: o Alcalde de Lugo, José López Orozco; a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo; o Director Xeral de Turismo, Rubén Lois; o Subdelegado de Goberno, Jesús Otero, en Lugo; o Delegado Provincial en Lugo da Consellería de Innovación e Industria, Ramón Cortés, e o presidente da Asociación Provincial de Empresario
A Guía accesible do Concello, as novas rutas de senderismo e os produtos de merchandising están a ter gran acollida en Fitur.
Abertas negociacións con Roma e París.
Lugo está disposto a converterse nun dos municipios españois pioneiros no turismo accesible. Ademais das políticas municipais desenvolvidas neste camiño e avaladas por premios como o nacional Reina Sofía de Accesibilidade, o Concello continuará apostando por esta ambiciosa liña de traballo.
O Salón de Plenos do Concello de Lugo acolle mañá, martes, ás 13:00 horas, o acto de entrega dos distintivos e diplomas do Plan de Calidade Turística a 44 establecementos e servizos do Concello.
Á entrega asistirán os membros da Comisión de Seguimento do Plan de Excelencia Turística de Lugo: o Alcalde de Lugo; a Concelleira de Cultura e Turismo; o Director Xeral de Turismo; o Subdelegado de Goberno en Lugo; o Delegado Provincial en Lugo da Consellería de Innovación e Industria e o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo.
A Orestíada chega o venres ao Auditorio Gustavo Freire dentro do programa da Mostra de Teatro Clásico, organizada pola Concellería de Cultura en colaboración con Caixanova.
O domingo chegarán ao seu final as festas de Nadal, polo que tamén ese día rematarán os actos organizados pola Concellería de Cultura con motivo desta celebración.
Ese día, tres novas actuacións porán o punto e final con tres novas actuacións musicais. A primeira estará cargo do orfeón Xoán Montes, que terá lugar ás doce na igrexa das Gándaras.
A Escola de Altos Estudos Musicais, xestionada pola Consellería de Cultura e Deporte a través do IGAEM, actuarán o venres en Lugo dando continuidade á tempada de concertos 2006/07 da Sociedad Filarmónica.
Esta actuación terá lugar, como é tradicional, no salón rexio do Círculo das Artes, a partir das oito e media da tarde.
A programación dos concertos, elaborada por este colectivo, que este ano cumpre 70 anos de existencia en Lugo, está subvencionada pola Concellería de Cultura do Concello de Lugo con 2.500 euros.
A tempada actual prolongarase ata o mes de xuño e nela se c
BOAS NOITES, QUERIDOS NENOS E NENAS
BOIAS NOITES, QUERIDAS XENTES DE LUGO
Que marabilla estar de novo en Lugo! Debo dicir que é para min unha grande ledicia ter de novo a ocasión de visitar esta cidade.
A Mostra de Teatro Clásico do Concello de Lugo e Caixanova segue a celebrarse no Auditorio Municipal Gustavo Freire cunha das obras máis famosas de Molière: El enfermo imaginario. Este martes, a partir das oito e media da tarde, Morboria Teatro porá en escena a última obra do xenial dramaturgo francés que morreu no curso da cuarta representación. As entradas custan 7, 9 ou 12 euros, segundo a súa localización, e poden mercarse unha hora antes nas taquillas.
Preto das cen persoas e catro carrozas compoñen a comitiva da Cabalgata de Reis que organiza a Concellería de Cultura do Concello de Lugo como prato forte das festas de Nadal.
Este acto, que deu comezo pasadas as cinco e media da tarde con saída do Autorio Gustavo Freire, prolongouse até última hora da tarde.
A comitiva mantivo o seu horario habitual pola avenida da Coruña, praza de Ferrol, San Marcos, Santo Domingo e rúa Raíña, para chegar á praza Maior, fronte ao Concello.
Foi neste lugar onde se produxo a novidade deste ano, consistente nun enorme dragón feito de globos
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 498
- 499
- 500
- 501
- 502
- 503
- 504
- 505
- 506
- seguinte ›
- última »