A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, anunciou oficialmente que se propondrá á escritora lucense Marta Rivera de la Cruz para ser a pregoeira das Festas de San Froilán deste ano. A candidatura da finalista do Premio Planeta foi aprobada por unanimidade na Comisión de Festas e o único que falta é a aceptación de Rivera
Burgo tamén anunciou que a Comisión de Festas decidiu que a apertura simbólica das portas da Muralla fora feita este ano polos colexios profesionais da cidade.
xurado integrado polos cinco docentes de hostelería da provincia de Lugo: Celia García Pena, Carlos Torres Penas, Jenaro Fieira Noya, Concepción Carreiras Vizoso, Juan Luis González Riveiro, elixiu os catro finalistas da modalidade de tapa creativa.
Desde as 11:00 horas e ata as 14:00 horas o xurado estivo degustando as 18 tapas que participaron nesta categoría.
O acto de entrega dos premios do III Concurso de Tapas, organizado pola Concellería de Cultura, terá lugar o vindeiro luns, día 5 de novembro ás 12:15 horas no Salón de Plenos do Concello.
O III Concurso de Tapas arrinca este sábado, 8 de setembro.
O xurado do III Concurso de Tapas celebrará este xoves, día 27 de setembro, a súa primeira xuntanza para elexir os catro finalistas da categoría de tapa creativa. A selección realizarase entre os 18 establecementos que participaron no certame nesta modalidade.
Os membros do xurado daranse cita no Gran Hotel a partir das 11:00 horas.
O martes día 30 de outubro comezará a venda de entradas anticipadas na páxina web de Caixanova para asistir ás actuacións da Semana da Maxia que terá lugar do 5 ó 11 de novembro e que se presentará o próximo venres día 2 de novembro.
Dende mañá poderán mercarse a través de www.caixanova.es. Así mesmo, poderán mercarse dende unha hora antes do comezo do espectáculo no propio Auditorio Municipal Gustavo Freire.
curso de Construción e Manipulación de Zancos pecha a terceira edición de Teateatre, que este ano oferta tres cursos de formación actoral para profesionais e afeccionados. Este programa, elaborado polo Concello de Lugo en colaboración co Colexio Fingoi, Palimoco Teatro e a Federación Galega de Teatro Afeccionado, pretende servir de foro de encontro para actores e amateurs do teatro.
Esta última acción formativa comeza o vindeiro luns, 10 de setembro, e rematará o día 29.
Os catro gañadores do concurso coñeceranse o 1 de outubro
O III Concurso de Tapas rematou o pasado domingo, 23 de setembro, tras acadar un notable éxito de participación. Este certame, que é unha das iniciativas do Concello de Lugo para poñer en valor a cociña da cidade, rexistrou a participación de máis de 14.000 lucenses e visitantes, que degustaron as propostas gastronómicas elaborados polos 35 establecementos inscritos no concurso .
Os días 27 e 28 de setembro o xurado oficial reunirase para elexir aos oito finalistas no Gran Hotel de Lugo.
A Rede de Cidades Catedralicias celebrou hoxe no Salón de Recepcións do Concello de Salamanca a súa Asamblea Xeral. O Concelleiro de Infraestruturas do Concello de Lugo, José Piñeiro, acudiu o encontro no estiveron presentes os representantes políticos das 17 cidades que compoñen este grupo.
As mostras dos Vellos Oficios Vivos encadradas no programa de actividade culturais Verán en Lugo elaborado pola Concellería de Cultura e Turismo despídense este sábado, día 8 de setembro, coa demostración dos traballos dun grupo de fiadeiras e tecedeiras, que estarán acompañadas por un conxunto de cantareiras.
Esta actividade desenvolverase, como veu sendo habitual ao longo destes meses estivais, ao fondo dos soportais da Praza Maior, entre as 11:30 e as 15:00 horas pola mañá, e entre as 17:00 e as 21:00 horas pola tarde.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 479
- 480
- 481
- 482
- 483
- 484
- 485
- 486
- 487
- …
- seguinte ›
- última »