Un grupo de artistas lucenses integrado por artistas plásticos, fotógrafos, músicos, poetas e monologuistas presentarán este sábado, día 1 de setembro, o "Manifiesto Piantao", que recolle unhas propostas fantásticas para achegar o mar a Lugo.
O Concello de Lugo colabora na organización desta iniciativa que está encadrada no programa de actividades culturais Verán en Lugo.
O martes 21 de agosto ábrese o prazo para inscribirse no III Concurso de Tapas de Lugo no que poderán participar todos os establecementos de hostalería do ámbito municipal. A edición deste ano, organizada pola Concellería de Cultura e Turismo, terá lugar do 8 ó 23 de setembro.
Cada establecemento participante deberá elaborar unha tapa, podendo ser tradicional ou creativa (haberá un máximo de 30 participantes para cada unha destas categorías).
Actuación da Banda Municipal
O vindeiro venres 31 de agosto ás 13:00 horas remata o prazo para inscribirse no 3º Concurso de Tapas de Lugo organizado pola Concellería de Cultura e Turismo.
Este ano haberá un total de 60 establecementos participantes, que deberán elixir entre dúas modalidades de participación: tapa tradicional ou tapa creativa, habendo un máximo de 30 participantes en cada unha destas modalidades.
Establécense dous premios de votación popular: a tapa creativa San Froilán e a tapa tradicional San Froilán, que decidirá o público que visite o establecemento e vote vía internet accedendo á páxina
O Grupo de Teatro Gamusinos representará no Centro Social de Fingoi a obra de teatro Viaxe á peor fin do mundo.
Unha ampla representación de autoridades políticas, económicas e sociais da provincia de Lugo deuse cita hoxe no Pazo de Feiras e Congresos para asistir á inauguración de Expolugo 2007.
A cita de Rede Curtas 2007 cambia o seu horario para o sábado 25 e estrea un novidoso sistema de proxección
O programa de actividades culturais de Verán en Lugo elaborado pola Concellería de Cultura introduce dous cambios para esta fin de semana:
- Dunha banda, o concerto do Cuarteto Camerata, programado para o sábado 25 ás 21:00 horas, adiántase á noite deste venres, día 24, a mesma hora, debido a motivos de axenda do grupo. A actuación terá lugar na Praza de Anxo Fernández Gómez.
A XXIX Semana Internacional de Cine de Autor abre esta nova edición coa presentación da película "Las alas de la vida". Esta sábado, día 15, arrinca este festival cinematográfico coa roda de prensa que ofrecerá o director do filme, Antoni P. Canet ás 18:00 horas no Gran Hotel de Lugo.
O Auditorio Municipal Gustavo Freire acollerá a gala de inauguración coa proxección desta película a partir das 20:00 horas.
O III Concurso de Tapas, organizado pola Concellería de Cultura, xa conta cos seis gañadores desta edición: os catro seleccionados polo xurado oficial e os dous vencedores da votación popular.
Durante esta mañá, o xurado visitou os oito establecementos finalistas e tras a degustación das súas tapas concedeu as distincións das imaxes adxuntas.
O xurado de expertos que elixiu ós catro gañadores desta edición estivo composto por catro expertos gastrónomos de recoñecido prestixio:
- Don Roberto Walter Schnellbach, responsable da cociña do Centro Superior de Hostelería de Galicia.
O número de turistas que visitan a cidade de Lugo continúa a medrar segundo amosan as cifras de visitantes que se achegaron á Oficina Municipal de Turismo para solicitar información entre o 11 e o 19 deste mes. Durante a semana da ponte de agosto, o servizo de información turística municipal atendeu a un total de 3.513 persoas, cifra moi positiva tendo en conta que na primeira quincena de agosto de 2006 foron atendidos 3.649 turistas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 478
- 479
- 480
- 481
- 482
- 483
- 484
- 485
- 486
- …
- seguinte ›
- última »