A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, presentou a X Edición do Certame de narración curta Ánxel Fole que, como en anos anteriores, ten dúas modalidades: en galego e en castelán.
Burgo anunciou que nesta edición o certame conta con varias novidades. Increméntase os premios en 100 euros cada un, pasando o primeiro premio a ser de 1.000 euros e o segundo de 500.
O certame “vaise consolidando como un premio suficientemente importante a xulgar polo número de participantes, que está a incrementarse todos os anos”.
O IV Festival de Teatro Clásicos do Século XX arrinca este xoves, 22 de novembro, coa conferencia que ofrecerá o catedrático norteamericano Dru Dougherty sobre o teatro de Valle-Inclán ás 20:30 horas na Sala Sargadelos.
Nesta edición, a cita teatral está dedicada ao gran dramaturgo do teatro español do século XX e unha das figuras máis recoñecidas da literatura universal, como é Valle-Inclán.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, o Delegado Provincial de Innovacion e Industria, Ramón Cortés, en representación da Dirección Xeral de Turismo de Galicia e José Francisco Real, Presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería, mantiveron a primeira das xuntanzas para a creación dunha Sociedade Mixta de Turismo e Cultura de Lugo.
Nesta xuntanza o Goberno Local expuxo o borrador dos estatutos para a creación desta sociedade que se encargue da promoción na cidade do turismo en calquera época do ano.
A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, anunciou que con motivo do VII Aniversario da declaración da Muralla de Lugo pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade actuará na cidade a cantante María Dolores Pradera. O concerto terá lugar no Auditorio Gustavo Freire o venres 30 de novembro ás 21:00 horas.
A Concelleira expresou a súa ledicia por “contar nesta data tan especial para a cidade cunha estrela deste calibre”. Esta gran dama da música e do teatro español conta con máis de 40 discos e aproximadamente 500 cancións.
A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, presentou unha nova edición do Certame Lucus Augusti que se convoca por quinto ano consecutivo. Creouse coa intención de dar unha oportunidade aos xoves creadores para amosar o seu arte e servir de trampolín profesional.
Este ano a principal novidade e o aumento do orzamento ata 3.000 euros destinados aos premios. Este é un estímulo para que os mozos poñan en práctica o seu talento. Como nas edicións anteriores, o certame establece catro modalidades de participación: poesía, fotografía, pintura e relatos curtos.
A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, presentou esta mañá a segunda edición do programa “Radares Xuvenís” que confirma a continuidade deste proxecto iniciado o pasado ano como experiencia piloto en tres institutos da cidade.
A edil salientou que este ano conseguiu amplialo a sete centros educativos. Os institutos adscritos ao programa son os I.E.S Leiras Pulpeiro, Politécnico, Ánxel Fole, Lucus Augusti, Xoán Montes, Piringalla e Nosa Señora dos Ollos Grandes.
O programa Xoves con Arte deseñado pola Concellería de Xuventude coa finalidade de promover actividades de ocio relacionadas coa cultura, a arte e o humor entre a mocidade lucense continúa o vindeiro día 1 de marzo coa representación dun musical.
A segunda edición de Xoves con Arte, que comezou o pasado 1 de febreiro cun espectáculo de monólogos, achega nesta cita a obra titulada “Te quiero, eres perfecto…¡Ya te cambiaré!”. Este musical é un clásico de Broadway e vén de triunfar na capital española.
A Concellería de Muller e Servizos Sociais achega a Lugo o espectáculo “Me lo cantaba mi abuelo…” que xa percorreu gran parte da xeografía española e acumula máis de douscentas actuacións.
Esta actividade consiste nun concerto gratuíto que ofrecerá o grupo Tahona no Centro Social Díaz de Castro o luns, día 19 de novembro, ás 18:30 horas, dirixido a todo o público en xeral, pero especialmente para os maiores xa que poderán gozar das cancións da súa mocidade.
O Concello de Lugo pón a venda as entradas para as representacións do IV Festival de Teatro Clásicos do Século XX . Nesta edición este certame está dedicado ao gran dramaturgo Valle-Inclán, o mellor autor de teatro español do século XX. Neste festival representaranse tres obras de gran calidade entre os días 22 e 27 de novembro no Auditorio Municipal.
Os prezos son populares e varían entre 6, 8 e 10 euros, ademais, realizaranse descontos de 2 ou 3 euros para xubilados, desempregados e estudantes.
O Concello de Lugo, en colaboración co Igaem, achega a cidade a representación da obra de teatro “Misericordia” de Benito Pérez Galdós. O Auditorio Municipal Gustavo Freire acollerá a montaxe da compañía galega Teatro de Ningures o domingo, día 18 de novembro, a partir das 20:30 horas.
A dramaturxia e a dirección están a cargo de Etelvino Vázquez e o reparto artístico está formado por Casilda García, Santiago Cortegoso, Sonia Rúa, Mundo Villalustre, Mónica Camaño, Salvador del Río, Paulo Serantes, Marián Bañobre e Fran Paredes.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 476
- 477
- 478
- 479
- 480
- 481
- 482
- 483
- 484
- …
- seguinte ›
- última »