As entradas están a venda desde este venres, 11 de xaneiro, a través de www.caixanova.es ou no teléfono 902 504 500
A Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, e o Director Territorial de Caixanova, Jesús Fernández Vidal, presentaron a programación da oitava edición da Mostra de Teatro Clásico, que xa é un referente no calendario cultural da cidade tras estes oito anos de éxito de público e que, tal e como manifestou a edil, “consolídase non só a nivel da cidade senón a nivel galego, pois esta mostra atrae a público doutras cidades”.
Concepción Burgo destacou a e
As entradas están a venda desde este venres, 11 de xaneiro, a través de www.caixanova.es ou no teléfono 902 504 500
A Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, e o Director Territorial de Caixanova, Jesús Fernández Vidal, presentaron a programación da oitava edición da Mostra de Teatro Clásico, que xa é un referente no calendario cultural da cidade tras estes oito anos de éxito de público e que, tal e como manifestou a edil, “consolídase non só a nivel da cidade senón a nivel galego, pois esta mostra atrae a público doutras cidades”.
Concepción Burgo destacou a e
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, xunto coa Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, o Alcalde de Foz, José María García Rivera e o seu Concelleiro de Cultura, Xaime Cancio, presentaron a V edición da festa do Berberecho que terá lugar en Foz o vindeiro día 19 de xaneiro.
López Orozco agradeceu que un ano máis “e xa van catro, escollan esta casa, que é a casa de todos os lucenses, para presentar unha festa coma esta que recuperou unha tradición e un extraordinario manxar como é o berberecho”.
A actuación abre unha nova temporada do programa Xoves con Arte deseñado para ofrecer un ocio cultural para a mocidade
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, presentou xunto a un representante da asociación Muralla Rock, Carlos Ferreiro, e ao representante musical, Juan Pablo Población “Tyrson”, o concerto dos grupos Helloween, Axxis e Gamma Ray que achegan a Lugo o espectáculo de heavy metal da súa xira mundial.
A edil explicou que esta actuación servirá para abrir unha nova tempada do programa Xoves con Arte deseñado polo Concello de Lugo pa
A Concellería de Cultura e Turismo, dixirida por Concepción Burgo, celebra o II Concurso de Carteis Entroido 2008, aberto a todas as persoas que o desexen. Cada autor poderá presentar unha obra de tamaño libre no que deberá aparecer o seguinte texto: “Entroido 2008, 1-6 de febreiro- Concello de Lugo”, e será requisito indispensable que o escudo da cidade figure no cartel.
O prazo de presentación de carteis remata este mércores, 9 de xaneiro de 2008, ás 14:30 horas.
Como cada ano, a cabalgata de reis é o acto máis esperado polos lucenses do programa das festas de Nadal que elabora a Concellería de Cultura, que dirixe Concepción Burgo. Este ano, Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán a cidade nunha comitiva que que contará con moitas sorpresas. Entre outras, as carrozas, cun novo deseño que as Maxestades de Oriente desexan manter en segredo ata a súa aparición ante todos os lucenses.
Sábese que haberá catro carrozas precedidas por unha estrela de Belén moi especial que guiará ós tres magos polas rúas da cidade.
O xoves 3 e o venres 4 de xaneiro terá lugar en Lugo a V edición do xogo a Busca do tesouro organizado pola Concellería de Xuventude dirixida por Carmen Basadre.
Trátase dunha actividade de ocio alternativo para a mocidade de Lugo que se celebra dende hai 5 edicións dentro das actividades de Nadal que pon en marcha o Concello lucense.
A Concellería de Xuventude apraza o comezo da V edición do xogo a Busca do tesouro ata os días 3 e 4 de xaneiro, mantendo así aberto o prazo de inscripción toda esta semana.
Trátase dunha actividade de ocio alternativo para a mocidade de Lugo dentro das actividades de Nadal que pon en marcha o Concello lucense. O obxectivo é que os rapaces se divirtan e ademais coñezan mellor a cidade e afonden na súa historia.
Os participantes, divididos en grupos de 3 persoas, teñen que superar o reto de descifrar diferentes pistas ata descubrir un tesouro agochado nalgún lugar da cidade.
O importe do premio supera os 12.000 euros
O venres 28 de decembro finaliza o prazo para participar na XXVI edición premio literario máis importante da narrativa galega, o Premio de Novela Longa Blanco-Amor que este ano organiza por primeira vez o Concello de Lugo.
A Concellería de Cultura e Turismo, que dirixe Concepción Burgo, pecha este venres 28 de decembro o prazo para participar na X edición do Certame de narración curta Ánxel Fole.
Trátase dun premio literario para relatos en galego e castelán que permite tamén a participación de escritores de fóra de Galicia o que fixo que o premio acadase notoriedade e prestixio fóra do país.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 473
- 474
- 475
- 476
- 477
- 478
- 479
- 480
- 481
- …
- seguinte ›
- última »