A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, anunciou ó xurado deliberante do XXVI Premio Blanco Amor de Novela Longa organizado nesta edición polo Concello de Lugo.
Trátase dun premio patrocinado por 75 concellos galegos, xeralmente considerado como o máis importante para narrativa en lingua galega, e cun importe de 12.020 euros.
Cyrano de Bergerac abre a VIII Mostra de teatro Clásico organizada pola Concellería de Cultura e Turismo en colaboración con Caixanova.
A obra de Edmond Rostand será representada mañá martes, día 22 de xaneiro, pola compañía Concha Busto Producción y Distribución.
A famosa obra é unha obra en verso romántica de extraordinaria beleza. Conta a historia dun narigudo soldado poeta namorado dunha fermosa muller, pero dada a súa fealdade non espera nada dese amor.
O concerto de Helloween, Axxis e Gamma Ray congregou a preto de duas mil quinientas persoas que chegaron de lugares como Ponferrada, León, Oviedo, Albacete e Madrid, entre outros sitios, ademais da cidade e da provincia.
Os míticos grupos de heavy-metal fixeron vibrar ao público asistente que se entregou aos ritmos potentes das bandas xermanas.
O Concello de Lugo habilitará este xoves, 17 de xaneiro, unha liña de autobus especial para comunicar o centro da cidade co Pazo de Feiras e Congresos con motivo da celebración do macroconcerto dos grupos de heavy metal Helloween, Axxis e Gamma Ray.
Deste xeito os asistentes ao espectáculo musical terán a súa disposición un servizo de transporte gratuíto e adaptado que sairá desde a Praza de Santo Domingo, a partir das 18:30 horas e cunha periodicidade de 15 minutos, hacia o recinto feiral. Ademais, haberá un servizo de volta a partir das 00:30 horas hacia o centro da cidade.
A Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, presentou xunto aos membros do xurado, Mercedes Barreiro, Gerardo Jesús Cao Peón e Christian Gutiérrez, a resolución do II Concurso de Carteis de Entroido organizado por esta concellería co fin de promocionar estas festas.
O xurado do certame reuníuse esta mañá na Casa Consistorial para seleccionar o cartel gañador desta segunda edición. O faio foi emitido ás 12:35 horas, tras case corenta minutos de deliberación, declarando gañador ao cartel titulado “O Entroido sen rostro”.
Un total de 19.297 visitantes asistiron ó salon de ocio Xuvenlugo organizado pola Consellería de Xuventude, que dirixe Carmen Basadre. Como en pasadas edicións, Xuvenlugo encheu de atraccións e xogos o Pazo de Feiras e Congresos de Lugo do 6 ao 9, do 14 ao 16, e do 21 de decembro de 2007 ó 6 de xaneiro de 2008.
Como cada ano, unha das actuacións que máis capta o interese dos visitantes foi a pista de xeo, que contou con 5.181 patinadores entre aficionados e expertos.
Os alemáns Helloween, Axxis e Gamma Ray actuarán o vindeiro xoves 17 de xaneiro no Pazo de Feiras e Exposicións a partir das 20:00 horas.
A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, fixo balance das visitas de turistas á cidade o pasado ano. A Concelleira indicou que no 2007, un total de 40.212 persoas pasaron pola Oficina Municipal de Turismo para solicitar información. Esta cifra supón un incremento de 8.526 visitas respecto ó ano pasado. Agosto e outubro foron os meses do ano nos que máis turistas se achegaron a cidade con 9.245 e 9.124 visitas respectivamente.
Un total de 28.208 das persoas que acudiron a Oficina de Turismo do Concello procedían do estranxeiro.
Os visitantes poderán contar con audioguías en cinco idiomas para identificar os monumentos da cidade
O Alcalde Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, o Subdirector Xeral de Turismo da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, Xavier Valiño, o Subdelegado do Goberno en Lugo, Jesús Otero, o Delegado Provincial en Lugo da Consellería de Innovación e Industria, ramón Cortés Máñez, e o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo, Francisco Real, presentaron o novo portal web www.lugoturism
As entradas están a venda desde este venres, 11 de xaneiro, a través de www.caixanova.es ou no teléfono 902 504 500
A Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, e o Director Territorial de Caixanova, Jesús Fernández Vidal, presentaron a programación da oitava edición da Mostra de Teatro Clásico, que xa é un referente no calendario cultural da cidade tras estes oito anos de éxito de público e que, tal e como manifestou a edil, “consolídase non só a nivel da cidade senón a nivel galego, pois esta mostra atrae a público doutras cidades”.
Concepción Burgo destacou a e
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 472
- 473
- 474
- 475
- 476
- 477
- 478
- 479
- 480
- …
- seguinte ›
- última »