Este venres, 14 de marzo, remata o prazo para inscribirse nos cursos de Linguaxe de Signos e de Monitor de Tempo Libre organizados pola Concellería de Xuventude. Estas actividades están orientadas a ofrecer unha formación práctica e útil para incorporarse ao mercado laboral. Por este motivo, dende o Servizo de Xuventude do Concello propóñense os seguintes cursos, todos eles gratuítos:
1. Cursos de Linguaxe de Signos
Están divididos en dous niveis, un de iniciación e outro de nivel intermedio, cunha duración de 140 horas cada un deles.
O vicerreitor de Cultura da USC, Elías Torres, inaugurou este martes na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo a cuarta edición do Curso de Primavera ‘América, Américas’, na que participan un total de 200 persoas e que se prolongará ata o día 13.
Auditorio Municipal Gustavo Freire acollerá mañá mércores, 12 de marzo, a montaxe dunha nova obra que forma parte do ciclo Teatro Galego en Lugo organizado polo Concello de Lugo e o IGAEM.
Volta e Dálle Teatro representará ás 20:30 horas Pan. Catro propostas arredor da malla, unha obra que simboliza a transformación da nosa sociedade tradicionalmente agraria nunha globalizada. O pan xa non se amasa na artesa, senón en fatorías deshumanizadas, nin vén do trigo mallado, senón de fariñas industriais.
A Concellería de Xuventude presenta a programación de actividades para a mocidade lucense de cara aos vindeiros meses. Este programa pretende proporcionar á xuventude lucense unha serie de actividades coas que ocupar o tempo de lecer dun xeito saudable e poder compaxinalo cunha formación útil para incorporarse ao mercado laboral.
Dunha banda, a concellería organiza dúas actividades deportivas e de lecer:
A primeira delas é a ”Viaxe ao Gran Premio de España de Fórmula 1”, xa que a Fórmula 1 é un deporte que conta cada vez con máis afeccionados entre a mocidade de Lugo.
O Concello de Lugo e Caixanova achegan a Lugo a representación dunha das óperas de maior éxito de Puccini, “A Bohème”, que terá lugar o luns, 10 de marzo, ás 20.30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire.
A Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, acompañada por representantes das Confrarías de Lugo, presentou o programa da Semana Santa lucense do 2008.
A Concelleira suliñou que se trata dun recurso turístico de primeira importancia para a cidade, xa que ano tras ano vaise incrementando o número de visitantes. No ano 2005, 1.454 persoas foron atendidas durante a Semana Santa na Oficina de turismo, mentras que o ano pasado, foron preto de 2.900 turistas.
A Biblioteca Municipal acolle este xoves, 28 de febreiro, unha sesión de contacontos encadrada no programa de Animación á Lectura e Contacontos deseñado pola Concelleira de Cultura e Turismo e que arrincou o pasado 14 de febreiro.
Este xoves, Marta Cuenca ofrecerá un repertorio de contacontos para toda a familia titulado “Dúas palabras” a partir das 19:00 horas.
Representantes do Convenio Lugo Cultural presentaron este luns as actividades que se desenvolverán durante o mes de marzo, entre as que se atopan a fotografía, as rutas de sendeirismo, a música e unha exposición.
Unha das catro actividades previstas é unha nova edición do ciclo Pegadas, de rutas de sendeirismo, que presentará o seu programa o día 5 de marzo na Galería Sargadelos co título xenérico de ‘As catro estacións da natureza’.
O prazo de inscrición para participar na quinta edición da Viaxe á Neve que organiza a Concellería de Xuventude remata este venres, 22 de febreiro, as 19:30 horas. Os interesados poden formalizar a súa solicitude na Oficina de Información Xuvenil (OIX) situada no Centro Social Uxío Novoneyra.
A Comisión do Rueiro aplazou ata a próxima semana a toma de deción para o nomeamento de 24 rúas da cidade.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 469
- 470
- 471
- 472
- 473
- 474
- 475
- 476
- 477
- …
- seguinte ›
- última »