A lírica e os seus xéneros volven a ser un dos pratos fortes da programación do Festival de Música Cidade de Lugo, que tras a actuación da soprano alemá Simone Kermes non deixa que decaia o interese das súas propostas e así contamos para este oitavo concerto coa presenza de dous artistas de recoñecido talento e fama internacional como a soprano Carolyn Sampson e o pianista Julius Drake.
Para o seu primeiro recital en Galicia, a soprano inglesa Carolyn Sampson escolleu un variado programa con lied alemán (Mendelssohn e Schubert) e mélodie francesa (Debussy e Poulenc).
O número de turistas que visitan a cidade de Lugo continúa a medrar segundo amosan as cifras de visitantes que se achegaron á Oficina Municipal de Turismo para solicitar información na ponte do primeiro de maio.
O sétimo concerto do Festival de Música Cidade de Lugo é, sen dúbida, unha das citas máis agardadas e que ningún afeccionado debería perderse. Dentro da programación desta 36ª edición do Festival chama poderosamente a atención a presenza dunha das máis rutilantes figuras actuais do mundo da ópera, a soprano alemá Simone Kermes.
Tras causar unha grandísima impresión na inauguración en Santiago do Festival Via Stellae o pasado verán, volve a Galicia cun esixente programa que require grandes doses de virtuosismo e que está ao alcance de moi poucas cantantes no mundo.
O grupo de rock galego Ruxe Ruxe ofrecerá o sábado día 10, ás 20:00 horas, un concerto a beneficio da Fundación Anade Galicia, dedicada á inserción laboral de persoas con discapacidades e enfermidades mentais a través das artes escénicas.
Na organización deste evento colabora tamén a Universidade de Santiago de Compostela, que, entre outros apoios durante o ano, cede o local para a actuación, que será no Auditorio da Facultade de Veterinaria do Campus lugués.
O vindeiro luns 5 de maio comeza a VI Edición da Mostra de Teatro Cidade de Lugo organizada polo Concello de Lugo coa colaboración da Vicerreitoría de Cultura da USC e a Escola Arte e Lecer Fingoi, que nesta edición estará coordinada por Palimoco Teatro.
O programa cultural froito do convenio entre Caixanova e o Concello de Lugo continuará mañá, día 30 de abril, coa actuación de Luz Casal no Auditorio Gustavo Freire ás 22:30 horas.
A artista galega reaparece na cidade con Vida tóxica, o disco máis poético da súa traxectoria. Nel conflúen varias vertentes que Luz foi coidando ao longo dos anos. Como letrista, bebe da poesía de xeito meritorio, acadando textos de calidade grazas á exactitude das palabras escollidas, a adxectivación e o uso das metáforas.
O Auditorio Gustavo Freire acolle mañá venres, 25 de abril, a partir das 20:30 horas, a obra Salir del armario dentro do programa cultural organizado pola Concellería de Cultura e Turismo e Caixanova.
A obra conta a historia de Piñón, un home gris e afable que traballa nunha fábrica de preservativos e que un día descubre que vai ser despedido.
A Concellería de Xuventude, que dirixe Carmen Basadre, celebrou hoxe a festa de inauguración dun novo Punto de Xuvenil que o Concello de Lugo ofrece aos mozos e mozas da cidade na Praza de O Castiñeiro.
O centro estará aberto de luns a venres de 17:00 a 20:30 horas.
O Grease Tour chega mañá, sábado 26 de abril, á cidade.
Dentro da xira que o espectáculo musical Los Chicos del Coro-Les Choristes realizará próximamente por diferentes cidades de Galicia, actuarán no Auditorio Gustavo Freire de Lugo o 25 de maio ás 20:30 horas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 465
- 466
- 467
- 468
- 469
- 470
- 471
- 472
- 473
- …
- seguinte ›
- última »