Con motivo da celebración do espectáculo Fama, A Bailar!
Mañá, sábado 24 de maio, celébrase a terceira proba do I Campionato de velocidade Cidade de Lugo organizado pola Concellería de Xuventude, que dirixe Carmen Basadre, en colaboración co Clube Slot Lucus a partir das 10:00 horas.
A competición está composto por unha serie de probas de scalextric que se veñen desenvolvendo dende o 8 de marzo no Centro Social da Milagrosa.
Para as probas do campionato montouse unha espectacular pista, segundo as características e parámetros establecidos para ditos encontros.
A sede da Fundación Caixa Galicia acollerá o luns 26 de maio o decimoquinto concerto deste Festival de Música Cidade de Lugo que organiza a Concellería de Cultura da cidade. Este concerto está dedicado a un repertorio moi singular e atrainte como son as suites para violoncello só de Johann Sebastian Bach. O protagonista do concerto será Plamen Velev.
Un conto, música e monicreques son a base do espectáculo O paxaro de lume que a compañía Viravolta presentará o sábado 24 de maio no Círculo das Artes dentro da programación da trixésimosexta edición do Festival de Música Cidade de Lugo que organiza a Concellería de Cultura e Turismo que dirixe Concepción Burgo.
A base do espectáculo é un conto tradicional ruso que no seu día serviu tamén de inspiración ao compositor ruso Igor Stravinski para compoñer o seu ballet O paxaro de lume.
O piano ocupa un lugar destacado na programación desta trixésimosexta edición do Festival de Música Cidade de Lugo e tras o exitoso recital da pianista inglesa Joanna MacGregor e o concerto do pasado luns dedicado aos concertos do Clasicismo protagonizado por Kennedy Moretti, chega agora a terceira cita dedicada ao rei dos instrumentos.
Este ano, o festival inicia unha colaboración co Concurso de Piano de Ferrol que consiste basicamente na presentación en Lugo dos gañadores deste certame.
O Concello de Lugo celebrou o Día das Letras Galegas cun completo programa que arrincou ás 11.45 horas cun concerto da Banda Municipal de Música no Templete da Praza Maior dedicado a Xosé María Álvarez Blázquez, coa intervención de dous solistas de gaita galega.
Co Alcalde de Lugo á cabeza a corporación municipal participou no o paseo literario que se iniciou na praza de Anxo Fernández Gómez, ás 12 do mediodía, para lembrar ao homenaxeado Álvarez Blázquez.
A gran variedade da programación do Festival de Música Cidade de Lugo achega todo tipo de xéneros e épocas musicais. Neste concerto tócalle a vez ao período Clásico que estará representado por dúas das súas figuras máis senlleiras, os compositores Joseph Haydn e Wolfgang Amadeus Mozart.
Plamen Velev é un cellista de orixe bulgara (compostelá dende hai moitos anos) que fundou e dirixe a Camerata Quiodi. Formada por músicos da Real Filharmonía de Galicia, a Camerata Quiodi nos aproximará ao repertorio do Clasicismo a través de senllos concertos.
A Concelleira de Xuventude, Carmen Basadre, o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, acompañados polo xerente do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, Rubén López, o Xerente da Fundación Azkar, Óscar Hermida, e Jesús Vázquez, de NCD Eventos presentaron a campaña Vive o Verán en Lugo.
O obxectivo desta campaña é ofrecer un bo número de actividades dinámicas e educativas para aproveitar ao máximo o tempo de lecer na cidade de Lugo entre os rapaces de 4 a 16 anos.
O mundo do cómic, a música e a fotografía serán as actividades protagonistas da programación elaborada para o mes de maio ao amparo do Convenio Lugo Cultural, do que forman parte a USC, o Concello, a Xunta de Galicia, a Deputación Provincial e a Fundación Caixa Galicia.
Esta programación foi presentada este venres polo vicerreitor de Cultura da USC, Elías Torres, e a coordinadora do programa no Campus de Lugo, Paloma Lugilde.
Lugo acolle o V Festival Interfolk Encuentro de Culturas no Camiño primitivo os días 6 e 7 de xuño, que se celebra por quinto ano consecutivo e que convirte á cidade amurallada nun punto de encontro de referencia para os seguidores das músicas folclóricas de todo o mundo. Este festival está organizado pola Concellería de Cultura e Turismo, que dirixe Concepción Burgo, en colaboración coa Fundación Caixa Galicia.
Durante dous días a Praza de Santa María acollerá os concertos de La Shica, Transglobal Underground, Malvela, Celtas Cortos e DJ Shantel.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 463
- 464
- 465
- 466
- 467
- 468
- 469
- 470
- 471
- …
- seguinte ›
- última »