O Arde Lucus MMVIII continúa coas máis de 250 actividades programadas pola Concellería de Xuventude que dirixe Carmen Basadre. Hoxe, a cidade, que volve ás súas orixes romanas, vive un dos seus días grandes de festa. Ao longo do día serán moitas as actuacións e espectáculos que axudarán a recrear o ambiente de Lucus Augusti.
O campamento e o macellum, situados no carril dás Estantigas e na praza maior, respectivamente, abrirán as súas portas desde as once e media da mañá.
A Concelleira de Xuventude, Carmen Basadre, deu o pistoletazo de saída ao Arde Lucus MMVIII coa inauguración do macellum e do campamento ás cinco da tarde. Comezarán así os tres días de festa nos que se recreará o pasado romano da cidade de Lugo.
Máis de 250 actividades, actuacións e espectáculos conforman esta nova edición da festa Arde Lucus, que se celebrará ata o domingo á noite e que está organizada pola Concellería de Xuventude.
O domingo día 22 cortarase o trafico de toda a rolda da Muralla entre as 8 da mañá e as oito da tarde pola celebración do Comilonum.
Os autobuses urbanos non poderán circular ao redor da muralla, polo que desde a Avda.
O domingo día 22 cortarase o trafico de toda a rolda da Muralla entre as 8 da mañá e as oito da tarde pola celebración do Comilonum.
Os autobuses urbanos non poderán circular ao redor da muralla, polo que desde a Avda.
O Arde Lucus MMVIII dará comezo oficialmente mañá venres coa inauguración do macellum e do campamento ás cinco da tarde. Comezarán así os tres días de festa nos que se recreará o pasado romano da cidade de Lugo.
Máis de 250 actividades, actuacións e espectáculos conforman esta nova edición da festa Arde Lucus, que se celebrará desde o venres á tarde ata o domingo á noite e que está organizada pola Concellería de Xuventude que dirixe Carmen Basadre.
O campamento abrirá as súas portas tamén a tarde do venres, ás cinco e media, no carril dás Estantigas.
Con apenas trinta anos de idade, Inma López Silva, recibiu de mans do Alcalde de Lugo, José López Orozco, un dos premios máis prestixiosos da literatura galega: o Blanco-Amor, que nesta edición organizou o Concello de Lugo.
É un galardón literario dotado con 12.000 euros que premia unha novela inédita escrita en lingua galega. Está patrocinado por uns 75 concellos galegos, exercendo cada ano –por sorteo– un dos concellos en calidade de organizador.
O Concello de Lugo celebrará o domingo día 13 de xullo a oitava edición do Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre Cidade de Lugo, así o anunciou hoxe a Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, que sinalou a consolidación que está a ter esta convocatoria, que o ano pasado tivo xa 60 participantes adultos e 5 na categoría xuvenil.
A Concelleira explicou que nesta ocasión o certame presenta novidades con respecto aos anos anteriores. En primeiro lugar delimítase o espazo que poden ocupar os pintores ao recinto amurallado e ao adarve da Muralla.
Continúa aberto o prazo para asistir aos campamentos de verán organizados pola Concellería de Xuventude, a Concellería de Deportes en colaboración coa Fundación Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, a Fundación Azkar, Óscar Hermida, e NCD Eventos.
O obxectivo da campaña Vive o Verán en Lugo campaña é ofrecer un completo programa de actividades dinámicas e educativas para aproveitar ao máximo o tempo de lecer na cidade de Lugo entre os rapaces de 4 a 16 anos.
O vindeiro luns, 16 de xuño, entregarase na Casa do Concello o XXVI Premio Blanco Amor de Novela Longa.
A Banda Municipal de Música que depende da Concellería de Cultura do Concello de Lugo, dedicará mañá xoves, 12 de xuño, un concerto ao poeta galego Manuel Curros Enríquez en homenaxe ao centenario da súa morte.
A actuación, que terá unha duración dunha hora, dará comezo ás 20:00 horas e terá lugar no templete da Praza Maior.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 460
- 461
- 462
- 463
- 464
- 465
- 466
- 467
- 468
- …
- seguinte ›
- última »