O vindeiro luns, 4 de agosto, comeza o segundo curso da IV Edición do Teateatre organizado pola Concellería de Cultura e Turismo, a Universidade de Santiago de Compostela, Palimoco Teatro e a Escola de Arte e Lecer.
Esta cuarta edición do Teateatre oferta tres cursos de formación dramática para profesionais e afeccionados. O programa pretende servir de foro de encontro, formación e creación para actores e amateurs do teatro.
O segundo dos cursos será impartido por Tatiana Rodríguez Vázquez, guionista de cine, televisión e teatro. Baixo o título Guión.
Mañá venres, 1 de agosto, celebrarase as actividades da xornada de seguridade viaria Bike con tento, que por mor do tempo suspendéranse o pasado 5 de xullo.
Trátase das actividades complementarias ás clases teórico-prácticas(xa celebradas) que terán lugar na praza da Horta do Seminario. A partir das 21:30 horas terá lugar o concerto do grupo de música Maldía. Trátase dunha agrupación de Hevy Metal nacido en Lugo en outubro do 2006 e que está composto por: Nemesio (voz), Jose (batería), Jesus (guitarra), Angel (baixo) e David (guitarra).
A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, e Jacobo Bobadilla, representante da Asociación Provincial de Hostaleiros presentaron hoxe as bases do 4º Concurso de Tapas de Lugo tras a xuntanza mantida cos hostaleiros da cidade. Nesta nova edición a organización quere chegar 40 establecimientos participantes, 8 máis que na convocatoria do 2007.
Cada establecemento só pode participar nunha das modalidades (que terá un máximo de 20 participantes cada unha) e deberá elaborar unha tapa podendo ser tradicional ou creativa. O prazo de inscripción será do 18 ao 31 de ag
Esta fin de semana deu comezo en Lugo o primeiro curso da IV edición do ciclo formativo Teateatre, organizado conxuntamente polo Concello de Lugo, a USC, a Escola de Arte e Lecer e Palimoco Teatro. Esta edición oferta tres cursos de formación dramática para profesionais e afeccionados co obxectivo de servir de foro de encontro, formación e creación para actores e ‘amateurs’ do teatro.
O primeiro dos cursos, que leva por título ‘O corpo da voz’, deu comezo o pasado venres e rematará este martes 29 na Aula de Teatro da USC do Campus de Lugo, situada no Aulario de Veterinaria.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, presentaron o proxecto da Biblioteca da Piringalla que estará ubicada nunha parcela reservada para uso dotacional no proceso de desenvolvemento urbanístico, entre a rúa das Fontes e a rúa Matemático Vázquez Queipo. Dentro da parcela diferéncianse dous usos: unha escola infantil e unha biblioteca.
Por cuarto ano consecutivo a Concellería de Cultura e Turismo, que dirixe Concepción Burgo, e a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo, van poñer en marcha o 4º Concurso de Tapas de Lugo.
O vindeiro martes, 29 de xullo, terá lugar unha xuntanza na que poderán participar todos os os establecementos de hostalería de Lugo interesados neste concurso.
A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, confirmou tres novas actuacións musicais no programa de festas deste San Froilán 2008.
Trátase da actuación do cantautor Pedro Guerra, que estará en Lugo o mércores
8 de outubro na Praza de Santa María, a cantautora pop Conchita que virá á cidade o 6 de outubro e actuará na Praza de Santa María, e o grupo de hip hop Los Violadores del Verso que estarán en Lugo o día 8 na Praza Nova do Seminario.
Con estas confirmacións toma forma o que Concepción Burgo definiu como o "programa máis equilibrado e ambicioso que leva fei
O programa de visitas teatralizadas Lugo de alma romana, incluídas no programa Verán en Lugo que a Concellería de Cultura e Turismo está a ofrecer as fins de semana, terá dous pases extraordinarios mañá xoves por mor da festividade do Día Nacional de Galicia.
O número de visitas teatralizadas á Muralla e ao centro histórico da cidade, que se realizarán dende o xoves 24 de xullo ata o domingo 27, ascende a un total de 9.
O horario será o seguinte:
- Xoves: ás 19:00 e 21:00 horas.
-Venres: ás 13:00, 19:00, 21:00 horas.
Mañá xoves, 24 de xullo, continúa o ciclo de cine Videoforum, organizado pola Concellería de Xuventude que dirixe Carmen Basadre, e que está dirixido aos mozos e mozas lucenses maiores de 12 anos.
Nesta proxección, que terá lugar ás 19:30 horas no Centro Social Díaz de Castro, os asistentes poderán disfrutar co documental que mostra a loita dos traballadores de Sintel durante os 187 días que estiveron acampados na beira da Castellana: El efecto Iguazú.
Os oitocentos empregados da empresa de telecomunicacións Sintel, cun alto índice de afiliación sindical, esta
O concerto do grupo Lúa da Fouce dará continuidade este mércores 23 ao programa de verán do Convenio Lugo Cultural, que integra á Vicerreitoría de Cultura da USC, Concello de Lugo, Deputación Provincial, Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia e Fundación Caixa Galicia.
Co nome de ‘Entre Lusco e Fusco’, celébranse varias actuacións musicais este verán co obxectivo de recuperar como espazo escénico para a música zoas naturais.
Por isto, este ano os concertos teñen lugar no anfiteatro do Parque Rosalía de Castro, combinando diferentes estilos.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 457
- 458
- 459
- 460
- 461
- 462
- 463
- 464
- 465
- …
- seguinte ›
- última »