Esta fin de semana continúan as representacións das visitas teatralizadas Lugo de alma romana organizadas pola Concellería de Cultura e Turismo que dirixe Concepción Burgo e que rematarán o vindeiro domingo 21 de setembro.
Os pases para disfrutar coa historia, que está a ter moito éxito entre os lucenses e visitantes, terán lugar no seguite horario:
- Venres: ás 18:00 horas e ás 20:00 horas
- Sábado: ás 13:00 horas, ás 18:00 horas e ás 20:00 horas.
A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, anunciou unha nova actuación musical para as vindeiras festas de San Froilán que terán lugar entre o 4 e o 12 de outubro.
O vindeiro sábado, 13 de setembro, comeza o IV Concurso de Tapas de Lugo no que participarán 40 establecementos hostaleiros da cidade, 20 na modalidade de tapa tradicional e 20 na modalidade creativa, segundo anunciaron hoxe a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, e o Presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo, José Francisco Real.
A primeira tenente de Alcalde e Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, inaugura FotogrÁFRICA, vidas ao redor do sida unha exposición de fotografías realizadas por persoas afectadas pola epidemia, e organizada por Médicos do Mundo-Galicia.
Trátase, segundo explica a ONG, dun proxecto, catro fotógrafos, un continente e catro países, dos que xurde unha exposición colectiva que nos achega ás vivenzas, soños e esperanzas de persoas africanas afectadas polo VIH/sida.
O concerto do grupo Kimuru dará continuidade este mércores 10 ao programa de verán do Convenio Lugo Cultural, que integra ao Concello de Lugo, Vicerreitoría de Cultura da USC, Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial, Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia e Fundación Caixa Galicia. Co nome de ‘Entre Lusco e Fusco’, celébranse varias actuacións musicais este verán co obxectivo de recuperar como espazo escénico para a música zoas naturais.
Dende o pasado mércores, 3 de setembro, a Oficina Municipal de Turismo, sita no Centro de Interpretación da Muralla na Praza do Campo, ten á venda un total de 2.000 entradas para asistir ao concerto que El Canto del Loco ofrecerá durante as festas de San Froilán.
As entradas, que terán un custo de 28 euros, poderán adquirirse na oficina no seu horario habitual entre as 10:30 e as 14:00 horas pola mañá e en horario de tarde entre as 16:30 horas e as 20:00 horas.
O resto das entradas poderán mercarse a través da páxina web ww
A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, anunciou unha nova cita musical para as vindeiras festas de San Froilán que se celebrarán entre o 4 e o 12 de setembro. Os amantes do rock poderán disfrutar o día 7 de outubro, ás 22:00 horas, actuará na praza Horta do Seminario do grupo Los Suaves.
Pero son xa moitas máis as actuacións confirmadas para as vindeiras festas patronais e que constitúen boa parte dos atractivos dun completo programa, equilibrado e ambicioso.
Lugo pódese considerar xa un destino turístico consolidado. E boa proba desta afirmación son os datos facilitados polo Centro de Recepción de Visitantes recentemente posto en marcha na Praza do Campo.
A Concelleira de Cultura e Turismo informou dos visitantes que ao longo deste verán pasaron por este Centro a solicitar información sobre a cidade. Entre os meses de xuño e agosto, 16.814 persoas pasaron por este novo punto de información turística municipal.
O turismo nacional mantense como en anos anteriores.
Dende mañá, mércores 3 de setembro, a Oficina Municipal de Turismo, sita no Centro de Interpretación da Muralla na Praza do Campo, porá a venda un total de 2.000 entradas para asistir ao concerto que El Canto del Loco ofrecerá durante as festas de San Froilán.
As entradas, que terán un custo de 28 euros, poderán adquirirse na oficina no seu horario habitual entre as 10:30 e as 14:00 horas pola mañá e en horario de tarde entre as 16:30 horas e as 20:00 horas.
Ademais, as entradas poderán mercarse a través da páxina web www.servicaixa
Esta fin de semana continúan as demostracións dos Vellos Oficios Vivos organizadas pola Concellería de Cultura e Turismo, que dirixe Concepción Burgo.
As mostras dos Vellos Oficios Vivos tratan de dar a coñecer os sistemas de traballo que empregan os artesáns galegos para confeccionar as súas pezas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 455
- 456
- 457
- 458
- 459
- 460
- 461
- 462
- 463
- …
- seguinte ›
- última »