A Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, aproveitou ademais para facer balance dos datos rexistrados pola Oficina Municipal de Turismo durante a pasada ponte festiva da Constitución.
O Concello de Lugo estivo presente na duodécima edición de INTUR (Feira Internacional de Turismo Interior) que se celebrou en Valladolid entre o 27 e o 30 de novembro.
Baixo o lema Entra a un turismo diferente, a edición albergou a uns 1300 expositores pertencentes a 12 paises e a uns 44.000 visitantes.
Nesta edición de INTUR, “Turismo de Lugo” tivo a posibilidade de dar a coñecer a súa oferta turística a través do material de promoción turística que ata alí se trasladou.
A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, presentou a XI Edición do Certame de narración curta Ánxel Fole que, como en anos anteriores, ten dúas modalidades: en galego e en castelán.
Trátase dun certame que cada ano esperta todos moito interese non só en Galicia senón no ámbito nacional. Na pasada edición presentáronse ao concurso de narración curta 38 obras en galego e 50 en castelán frente aos 13 relatos en galego no 2003.
A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, e o Presidente da Federación de Comercio, José María Seijas, presentaron hoxe a iluminación que haberá durante as datas do Nadal en diferentes rúas da cidade.
Como todos os anos o Concello e a Federación asinan un convenio para a luz ornamental da cidade nestas festas, pero nesta ocasión atopámonos coa novidade de que, para contribuir ao aforro enerxético, instalaranse arcos luminosos de baixo consumo que estarán situados nunhas 28 rúas.
O Concello de Lugo continúa a promocionar a oferta turística da cidade nas feiras internacionais e un ano máis estivo presente na feira World Travel Market (WTM 2008) que se celebrou en Londres do 10 ao 13 de novembro.
O V Festival de Teatro Clásicos do Século XX organizado pola Concellería de Cultura e Turismo que dirixe Concepción Burgo, continúa hoxe, xoves 20 de novembro, coa obra Ligazón de Valle-Inclán.
A compañía Tribueñe, representará esta creación do dramaturgo máis representativo do teatro español do século XX. O autor conta como unha moza dunha aldea galega rebélase contra o desexo da súa nai de vender o seu corpo a un home adiñerado. O retablo da avaricia, a luxuria, e a morte, denuncian a necesidade de romper un modelo baseado na complicidade e na falta de aventura.
O V Festival de Teatro Clásicos do Século XX organizado pola Concellería de Cultura e Turismo que dirixe Concepción Burgo, arrinca hoxe luns 17 de novembro coa obra Muerte accidental de un anarquista de Darío Fo.
A compañía Suripanta Teatro, contará a historia na que o autor italiano narra como un tolo é detido pola policía na comisaría onde uns días antes outro detido, un ferroviario anarquista, acusado de colaborar nun atentado terrorista, morre ao caer por unha das fiestras do edificio.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, o director de comarca Lugo de Caixanova Jesús Fernández Vidal, e o director territorial A Coruña-Lugo, Gabriel González Eiroa, anunciaron hoxe que con motivo do VIII Aniversario da declaración da Muralla de Lugo pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade actuará na cidade o cantautor valenciano Paco Ibáñez.
A Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, presentou o V Festival de Teatro Clásicos do Século XX organizado pola súa Concellería. Nesta edición a cita teatral terá como protagonistas a grandes autores como Darío Fo, Valle-Inclán e Bertolt Brecht. Neste festival representaranse tres obras de gran calidade a prezos populares entre os días 17 e 22 de novembro no Auditorio Municipal Gustavo Freire.
O festival arrincará o día 17 ás 20:30 horas coa representación de Muerte Accidental de un Anarquista de Darío Fo a cargo de la compañía Suripanta Teatro.
Do 10 ao 15 de novembro terá lugar a XVIII edición do Festival de Jazz de Lugo, que se ven celebrando cada mes de novembro, ininterrompidamente, desde o
ano 1991.
O Festival está organizado pola Asociación de Amigos do Jazz “Escobijazz” e patrocinado polo Concello de Lugo, polo Plan Xacobeo da Xunta de Galicia, a Fundación Caixa Galicia, a Consellería de Cultura, a Deputación Provincial e a Universidade de Santiago de Compostela.
Os 15 concertos dos que consta o festival desenvolveranse en diferentes escenarios: no Círculo das Artes, no Auditorio da Fundación Caixa Galicia e n
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 450
- 451
- 452
- 453
- 454
- 455
- 456
- 457
- 458
- …
- seguinte ›
- última »